REMATA A PRIMEIRA EDICIÓN DO VERÁN-DEPORTIVO
O pasado venres, día 17 de xullo, rematou a primeira edición do Verán-Deportivo, organizado polo Concello da Guarda, a través da Concellería de Deporte.
Durante dúas semanas, os oito participantes nesta aventura, realizaron diferentes actividades físicas gozando dos espazos naturais da Guarda. Así, por exemplo, na Praia da Lamiña tiveron unha busca do tesouro coa dificultade de ter que orientarse cun compás.
Ademais, os nenos e nenas, con idades comprendidas entre os oito e os trece anos, puideron realizar deporte no Clube Alagua, Clube Remo Robaleira, Padel indoor 2×2, Kayak Senda verde-azul e A Guarda Hockey liña.
Todo isto e máis, para que os nosos participantes gozaran das múltiples posibilidades de deporte que ofrece o Concello da Guarda.
No último día deste Verán- Deportivo, o Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, entregoulle a cada un dos rapaces un diploma, tras finalizar a actividade de hockey sobre patíns no pavillón das Solanas.