(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Educación

    • Home
    • Educación
    • “Sorrisos transformadores” defende o respecto á diversidade fronte á transfobia

    “Sorrisos transformadores” defende o respecto á diversidade fronte á transfobia

    • Posted by prensa
    • Categories Educación, Muller
    • Date 4 October, 2017

    A exposición fotográfica “Sorrisos transformadores”, dedicada á visibilización e normalización do colectivo trans, pode visitarse dende este luns no interior do IES da Sangriña.

    Preto dun centenar de persoas, entre as que se atopaban parte do alumando e docentes do centro, participaron na charla-coloquio impartida pola traballadora social e presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia (ARELAS), Cristina Palacios, durante a presentación da mostra celebrada na tarde deste luns.

    Acudiron ao acto de inauguración o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes; a xefa do Servizo de Igualdade da Deputación provincial, Lucía Muradas; a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente; o concelleiro guardés do BNG, Ángel Baz; a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Guarda, Yolanda Vilaverde; e a psicóloga do CIM, Patricia Ruiz.

    Antes de dar paso ao faladoiro, o rexedor local subliñou a importancia deste tipo de actos dedicados aos valores de respecto e sensibilización, especialmente en espazos educativos. “Todo o que aprendemos na escola, acaba sendo parte do que somos”, afirmou Antonio Lomba, que se referiu á identidade e á liberdade como dereitos básicos cuxo coñecemento “fainos máis libres e máis respectuosos”.

    Nesta mesma liña pronunciouse a deputada provincial, destacando a mensaxe presente nas dez fotografías que a compoñen: “respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive e deixa vivir”, lema no que se recolle a esencia da mostra, centrada no respecto á diversidade e contra os comportamentos discriminatorios.

    A mirada “transpositiva”

    “Crianzas trans*formando a sociedade” foi o título da charla-coloquio ofrecido por Cristina Palacios, na que a traballadora social e docente incidiu na aclaración dos termos básicos que poden axudar á comprensión da identidade de xénero e o seu vínculo co colectivo trans. Así, sexo, xénero, orientación sexual, expresión de xénero e identidade foron as palabras chave do faladoiro, que se centrou na diversidade e a necesidade dunha sociedade máis igualitaria, xusta e respectuosa con aqueles que “rachan co que algúns din que é o normal”, por non axustarse ao binomio home-muller tan arraigado culturalmente.

      “Transgredir coas normas que teñen que ver co xénero non é nada doado”, afirmou Palacios, que engadiu a transfobia, xunto co machismo e o sexismo, á listaxe de problemáticas coas que as crianzas trans teñen que convivir decotío. Rexeitamento familiar e/ou social e o acoso escolar son dúas das formas máis evidentes de represión da identidade de xénero das persoas trans, segundo sinalou a especialista, que animou ao corpo docente a incluír esta temática nas aulas e a combater activamente a invisibilización e o illamento que sofren alumnas e alumnos de calquera condición.

      Con todo, concluíu a docente, “a revolución social” a favor da diversidade “é un feito que xa non pode parar”. O seu absoluto éxito pasará pola aplicación xeneralizada da “mirada transpositiva”, isto é, unha actitude social favorable á diversidade, “que a comprenda como como feito natural e non vergoñento”. Será así, afirmou Palacios, “como esta transformación social que xa está sendo, será ao fin unha realidade”.

      Sobre a exposición

      A mostra fotográfica permanecerá no instituto aberta ao público ata este venres, 6 de outubro. A partir do próximo luns e ata o día 14 deste mes poderá visitarse no Centro Cultural en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 h) e tarde (17:00 a 20:00 h) de luns a venres, namentres o sábado permanecerá aberto en horario de mañá.

      “Sorrisos transformadores” é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e ARELAS, con fotografías de Noemí Chantada e en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda. A mostra artística complétase cun documental co mesmo nome, e buscan  dar visibilidade, sensibilizar e naturalizar ao colectivo trans, prevendo actitudes discriminatorias por cuestión de orientación sexual ou identidade de xénero.

       

       

      Tag:ARELAS, Colectivo trans, Deputación de Pontevedra, Esposición, Sorrisos transformadores

      • Share:
      prensa

      Previous post

      As asociacións conviven e comparten experiencias na I Mostra Asociativa
      4 October, 2017

      Next post

      O ciclo de charlas “Manual de instrucións para educar” retorna con novas temáticas este outono
      6 October, 2017

      You may also like

      • A Guarda trae o documental “Prefiro condenarme” con motivo do 25N
        10 November, 2025
      • A Guarda solidarízase coas vítimas do acoso escolar
        27 October, 2025
      • O Concello organiza un obradoiro para conectar co corpo e co movemento
        21 October, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy