“Taichi ao solpor” trae unha forma de relaxarse fronte do mar durante o verán
Este verán poderás participar da práctica do Taichi. Unha práctica que axuda a mellorar a concentración, reduce o estrés, mellora o ton muscular e o equilibrio entre outros beneficios.
A actividade terá lugar os martes de 20 a 21 horas na contorna da Atalaia, é dicir, ao lado do mar e ao aire libre. Comezará o día 9 de xullo e rematará o 27 de agosto sempre que se conte cun grupo mínimo de participantes.
Para inscribirse e obter máis información será a través do teléfono 686552717.