O taller ‘Tecendo A Guarda’ enche as rúas de cor e temática mariñeira
O obradoiro “Tecendo A Guarda” encherá de cor e adornos mariñeiros durante este verán algunhas rúas e prazas máis concorridas da Guarda.
O taller celébrase no Club de xubilados e pensionistas da Guarda e tivo unhas 15 participantes. O programa ten varios obxectivos: a dinamización do ocio, unha maior socialización das persoas participantes e que estas se sintan partícipes da vida comunitaria.
O proxecto ademais pretende dinamizar a vida na rúa, pois converte as prazas e rúas en lugares máis atractivos e estéticos. Este ano, tiveron en mente o medio ambiente, e utilizaron materiais reciclados, como bricks ou arames, para elaborar gran parte dos adornos.
Xa se poden ver parte do seu traballo pola praza de Avelino Vicente, en parte de Concepción Arenal ou na praza da rúa Vicente Sobrino coa rúa Galicia. Mais aínda quedan máis adornos que colocar e que contribuirán a embelecer a nosa vila este verán.