Visita á Asociación Avelaíña
A pasada semana, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e a concelleira de Política Social, Isabel Guisande, visitaron á Asociación Avelaíña.
Fixeron un percorrido polo Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral para coñecer o labor de Avelaíña e a experiencias das persoas usuarias.
Ademais, visitaron o obradoiro de artesanía onde elaboran pezas artesanais moi fermosas. De feito, moitos trofeos de eventos deportivos da comarca levan a súa sinatura.
Finalmente, mantívose unha reunión co xerente, coa presidenta de Avelaíña e co responsable do CRP para falar dos convenios que manteñen ambas organizacións.