(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Educación

    • Home
    • Educación
    • Alumnado de FP do IES A Sangriña realiza as súas prácticas académicas en Lisboa

    Alumnado de FP do IES A Sangriña realiza as súas prácticas académicas en Lisboa

    • Posted by prensa
    • Categories Educación
    • Date 7 June, 2018
    Un total de 10 estudantes e 2 docentes participan no proxecto de mobilidade europea, no marco do programa Erasmus+.

    O alumnado de Formación Profesional (FP) do IES A Sangriña está a participar no programa Erasmus+ coa realización das súas prácticas académicas en Lisboa. Un total de 10 estudantes de FP permanecen dende abril no país veciño, co obxectivo de adquirir novas ferramentas profesionais complementarias á súa formación académica, ao tempo que se familiarizan e integran no mercado laboral europeo.

    Segundo explica a coordinadora do proxecto, Teresa Álvarez, a celeridade das transformacións socioeconómicas fai necesario «que o alumnado poña en práctica os coñecementos específicos das súas especialidades en contexto diferentes aos habituais», adaptándose á realidade laboral internacional.

    Os estudantes foron seleccionados seguindo criterios académicos e atendendo ao seu interese no proxecto e as súas competencias socias e lingüísticas. Froito desta escolma, alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (Abigail Likos, Paula Vidal, Iván Rodríguez e Neftalí González), do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos (Alejandro Rodríguez e Daniel de Olveira) e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Pablo González e Manuel Á. Silva) permanecen dende o 3 de abril no país veciño. A súa estadía prolongarase durante 80 días, nos que cursarán o módulo profesional de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas da capital lusa.

    Alumnos de FP Básica participantes no programa de mobilidade.

    Amais deles, dous alumnos da FP Básica de Mantemento de Vehículos (Brian Rodríguez e Manuel Dorna) tiveron oportunidade de participar no proxecto cunha estadía que comezou o 23 de abril e prolongarase durante 60 días nun centro de traballo relacionado coa súa especialidade formativa. Así as cousas, o alumnado retornará á Guarda o vindeiro 22 de xuño, tras meses de inmersión laboral e cultural no país veciño.

    O proxecto de mobilidade europea incluíu nesta ocasión a participación de dous docentes, que realizaron un período de observación («Job Shadowing») nunha empresa portuguesa o pasado mes de maio. Durante a súa estadía, dunha semana de duración, os mestres coñeceron o funcionamento e estrutura dun negocio luso e intercambiaron coñecementos sobre métodos pedagóxicos e laborais con responsables e traballadores.

    Esta experiencia permitirá que «os estudantes que non participan no programa se beneficien dos coñecementos e a experiencia adquirida» tanto polos seus docentes como polos compañeiros e compañeiras participantes nesta inmersión no mercado laboral estranxeiro, explica Teresa Álvarez.

    O instituto guardés participa no programada de mobilidade europea Erasmus+ dende 2014. Ata o momento, téñense beneficiado preto de medio centenar de alumnos e alumnas das tres familias profesionais impartidas no centro, coa realización da FCT en países como Italia, Reino Unido e Portugal.

    Tag:Erasmus +, Formación Profesional, IES A Sangriña, Lisboa, Portugal

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Concello da Guarda presenta a axenda de actividades para este verán
    7 June, 2018

    Next post

    O Concello da Guarda organiza a XXIII Travesía a Nado Porto da Guarda
    8 June, 2018

    You may also like

    • Xornadas de portas abertas nos CEIP Sinde e As Solanas
      23 February, 2026
    • A EEI A Gándara abre as súas portas en busca de novo alumnado
      5 February, 2026
    • A Guarda solidarízase coas vítimas do acoso escolar
      27 October, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy