A Casa dos Alonso acolle unha exposición sobre a cartografía da raia
O próximo mércores 15 a Casa dos Alonso inaugúrase a exposición Cartografía de A Raia. Trátase dunha exposición que mostra os traballos relacionados coa fronteira con Portugal, a Raia, ademais dunha cartografía histórica e un exemplo dos traballos realizados polo Centro Xeográfico do Exército.
A inauguración será ás 19:00h e despois, ás 20:00h, celebrarase unha conferencia sobre os Traballos de delimitación na Raia. A exposición estará aberta ata o día 30 de outubro, en horario de mañá de luns a venres e os luns de 16h a 19h e os sábados de 10h a 13h.



