(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O alumnado do IES A Sangriña impulsa o galego con rap, skate e graffiti

    O alumnado do IES A Sangriña impulsa o galego con rap, skate e graffiti

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Deporte, Educación, Xuventude
    • Date 10 May, 2018
    Preto dun centenar de rapaces e rapazas participaron esta mañá nas actividades para fomentar o uso do galego entre á xuventude.

    O alumnado do Instituto de Educación Secundaria (IES) A Sangriña participou esta mañá na primeira edición das actividades de arte urbana «A cultura na rúa», organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do instituto público e o Concello da Guarda.

    As actividades desenvolvéronse durante toda a mañá con distintos cursos nos que as rapaces e rapazas puideron experimentar e a aprender variadas formas de expresión artística urbana na contorna do Centro Cultural. Así, uns 100 mozos e mozas guardeses cambiaron o seu habitual material didáctico por monopatíns e aerosois, aínda que si tomaron apuntes no curso de rap dirixido por García MC, membro do popular grupo galego Dios ke te crew. O rapeiro introduciu aos participantes -preto de 40 alumnos e alumnas de 3º da ESO- na cultura hip hop, amosando as distintas ramas que compoñen este movemento artístico e cultural.

    Pola súa parte, o alumnado de 2º da ESO participou nun curso de monopatinaxe no que contaron coa axuda de Hugo, Muriel e Javi, tamén alumnos do instituto e hábiles skaters guardeses. En pouco menos de dúas horas, os e as participantes noveis adquiriron os coñecementos básicos para facer uso do monopatín, namentres aqueles máis destros puideron experimentar nunha rampla ou perfeccionar as súas acrobacias.

      Dende primeira hora da mañá, un grupo de rapazas de distintos cursos fixeron uso dos aerosois para embelecer os muros das escaleiras que dan acceso ao aparcadoiro da Alameda, axudados polo graffiteiro Pow Catro horas bastaron ás noveis artistas para decorar as paredes con imaxes de mulleres e mensaxes feministas como «Non é non».

      Cultura, galego e xuventude

      «A cultura na rúa» forma parte das actividades de normalización e dinamización lingüística promovidas polo Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña e a Concellería de Cultura e Xuventude do Concello da Guarda. O seu obxecto é fomentar o emprego do galego entre a xuventude e ampliar os seus ámbitos de uso.

      Con este mesmo fin, ámbalas dúas institucións están a colaborar na campaña «O galego, produto estrela», coa que o alumnado pretende normalizar o uso da lingua nos carteis e outros elementos informativos e publicitarios dos establecementos comerciais e hostaleiros da vila. Amais destas, o instituto público guardés e o Concello da Guarda colaboraron en diferentes iniciativas culturais durante o actual curso académico, coma tal a obra teatral «O nome de todos os nomes». Esta foi unha actividade organizada polo Concello da Guarda, o departamento de Portugués do IES A Sangriña e o Instituto de Cooperãçao e da Lingua Camões, co gaio da conmemoración da Revolución dos Caraveis (25 de abril de 1974).

      Noutra orde de cousas, a Concellería de Educación impulsou durante este curso un obradoiro de prevención do acoso escolar ao que acudiu o alumnado de 1º da ESO do centro de ensino público guardés. Un psicólogo guiou esta sesión participativa celebrada o pasado 6 de abril, na que as rapaces e rapazas tomaron conciencia sobre a problemática, traballando a empatía e identificando as características do acoso. Esta actividade levouse a cabo en colaboración co departamento de Xuventude e Educación Familiar do IES A Sangriña.

      Tag:Centro Cultural, Galego, Graffiti, IES A Sangriña, Normalización Lingüística, Rap, Skate

      • Share:
      prensa

      Previous post

      «Contos contados» retorna o sábado cunha nova sesión dedicada á diversidade
      10 May, 2018

      Next post

      Aberto o prazo de inscrición no curso preparatorio para o graduado en ESO
      10 May, 2018

      You may also like

      • As Letras Galegas celebra na Guarda a tradición galega con grupos da vila
        11 May, 2026
      • A Guarda Clásica trae tres concertos de música clásica durante o mes de maio
        11 May, 2026
      • Pantalla xigante no pavillón da Sangriña para animar na final da Copa da Raíña
        9 May, 2026

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica
      • Whistleblowing channel

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy