A Guarda arranca a programación teatral deste outono cunha obra infantil
Este sábado 26 de outubro, a compañía de teatro O Baúl da Tía Tola presenta o espectáculo “Lixo”, pensado para o público familiar, especialmente para os máis cativos.
Sempre a correr chegan Plié e Relevé ó teatro para mostrar a “Gran Coreografía”. O público xa está preparado, elas colocan os tutús, comproban a maquillaxe, a música comeza, pero…a escenografía non está! En troques atopan unha montaña de plásticos…
Plié e Relevé somerxense neste mar de lixo descubrindo novos xogos e creando mundos extraordinarios.
Ademais da diversión coas luces e os pasos de baile das protagonistas, “Lixo” quere facernos ver, dunha maneira dicertida, os porblemas que poden xurdir debidos ao exceso de plástico que empregamos e o mal uso que facemos del.
Agardámosvos a todos os públicos (a partir de 2 anos) este sábado 26 a partir das 18:00 horas no Centro Cultural.