“Este outono ven ao teatro” é o programa que trae ata catro obras á Guarda
A Guarda presenta o programa “Este outono ven ao teatro” co que tenta achegar esta arte a todos os públicos guardeses.
O Centro Cultural acollerá ata catro obras nun mes: dúas para un público familiar e dúas para un público adulto. Este sábado arranca a programación coa obra infantil “Lixo” no Centro Cultural ás 18:00 horas.
A seguinte obra será “Cortello de amor” da Compañía Amorodio Teatro, unha comedia galega para un público xuvenil e adulto, o día 8 de novembro. Unha semana despois, volvemos cos espectáculos infantís con “A teteira de Kabul”, unha obra de monicreques que ten como tema central a paz.
Para rematar a programación teatral de outono, a compañía Ibuprofeno Teatro ofreerá a obra “Deadpan Karaoke”, un espectáculo participativo o 29 de novembro.