O Concello da Guarda reformou a EEI Gándara para a mellor eficiencia enerxética
O Concello da Guarda inverteu case máis de 39.000€ para a reforma da Escola de Educación Infantil da Gándara. Deste xeito, conta xa cunhas instalacións que incrementaron o seu illamento térmico para que o pequeno alumnado desfrute das mellores condicións para a súa aprendizaxe e diversión.
A escola, de máis de trinta anos de antigüidade, conta con novas ventás e porta, ademais dun revestimento de SATE por toda a fachada exterior. Con estas reformas a EEI da Gándara mellorou a súa eficiencia enerxética e o seu illamento térmico.