(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Muller

    • Home
    • Muller
    • -A Guarda Diversa- programa esta fin de semana accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

    -A Guarda Diversa- programa esta fin de semana accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

    • Posted by prensa
    • Categories Muller
    • Date 6 July, 2021

    • Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: muller@aguarda.es
    • As mesas redondas do venres e do sábado poderán seguirse a través de Youtube en streaming.
    O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”, de cara a visibilizar ao colectivo LGTBIQ+ mediante varias accións, que terán lugar esta fin de semana, do 9 ao 11 de xullo.

    As actividades arrancaron na xornada o pasado día 28 de xuño coa gravación dun Manifesto que se pode ver na canle de Youtube do Concello da Guarda (https://youtu.be/ChjABMAbzok), así coma a colocación da bandeira representativa deste colectivo na fachada da Casa consistorial.

    A parte central das actividades terán lugar esta fin de semana, arrancando o venres 9 de xullo ás 19:00h con dúas accións en paralelo. Por unha banda a Praza do Reló acollerá unha mesa redonda baixo o título “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”, un faladoiro onde trataráse a importancia de tomar conciencia dos temas actuais que afectan ás mulleres Lesbianas, Bixesuais e Trans, o seu papel na historia do colectivo e cales son os obxectivos de cara o futuro, e que estará impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Asociación Nós Mesmas), baixo a moderación de Sara Uris. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE

    Tamén ás 19:00h a Casa dos Alonso acolle “Piratrans Carabarco”, un Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos e impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas, onde, a través da historia de Piratrans Carabarco, transmítese ás crianzas o valor da diversidade e a igualdade. Despois do conto, faráse unha actividade plástica cos nenos e nenas asistentes.

    Na xornada do sábado día 10 de xullo ás 12:00h a Praza do Reló será o escenario para a mesa redonda “Familias TransOrgullosas”, que estará impartida por Soledad Fernández, Pilar Fonte e Alejandra Alvedro, baixo a moderación de Sara Uris e onde tratarase sobre familias TransOrgullosas, abordando temáticas como as expectativas da crianza, a diversidade familiar e a transexualidade na infancia. Haberá tamén nesta xornada unha actuación sorpresa do grupo de baile Xamaraina. Será retransmitida en directo a través da conta de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/ykNUfhOzugo

    Xa para pechar esta segunda edición de A Guarda Diversa, na xornada do domingo día 11 de xullo, a Praza de Avelino Vicente acolle ás 12:30h o espectáculo de Poesía Eléctrica da man do poeta Samuel Merino “Pompa e Boato” co acompañamento musical de Fernán Permuy(guitarra), un recital a partires dunha escolma de poemas en galego e castelán, que son un percorrido por un tempo de espazos baleiros que se enchen de palabras e harmonías.

    PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:
    Venres 9 de xullo: 19.00 – 21.00h Na praza do Reló “Ver e non só mirar. A visibilidade LBT”. Mesa redonda sobre temática LGTBIQ+, centrada nas mulleres lesbianas, bisexuais e trans. Impartida por María Torre(Ars Eróticas) e Elisabeth Pérez(Presidenta da Asociación Nós Mesmas). Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/Q5eiD8zWpZE

    Venres 9 de xullo: 19.00 – 20:30h. Nas dependencias do Concello da Guarda. Piratrans Carabarco Obradoiro Infantil dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Impartido por Roberta Mattia, da Asociación Nós Mesmas.

    Sábado 10 de xullo: 12.00 -14:00h Na praza do Reló. “Familias TransOrgullosas”. Mesa redonda sobre temática Trans. Impartida por Pili Fonte e Alejandra e Soledad Fernández(Presidenta de Chrysallis Galicia. Asociación de familias de menores “trans”). Dirixida e Moderada por Sara Uris. Streaming: https://youtu.be/ykNUfhOzugo

    Domingo 11 de xullo: 12.30h Na praza de Avelino Vicente( As de Copas). Pompa e Boato con Fernán Permuy. Poesía Eléctrica.

    Inscricións no Centro de Información á Muller da Guarda de xeito presencial na Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz), no teléfono 986 614 648 ou no correo electrónico: muller@aguarda.es

    Venres 9 de xullo: "Ver e non só mirar. A visibilidade LBT"

    Sábado 10 de xullo: "Familias TransOrgullosas"

    Tag:a guarda diversa, centro de informacion a muller, CIM, igualdade

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Guadi Galego realiza unha colaboración co Coro do Conservatorio da Guarda como antesala ao seu concerto do 28 de agosto
    6 July, 2021

    Next post

    A axenda de xullo ven cargada de actividades para todas as idades na Guarda
    7 July, 2021

    You may also like

    • Arranca a programación da VI edición de A Guarda Diversa cos obradoiros “Rachando cos marcos: educación para a diversidade”
      22 May, 2026
    • SUPENDIDO: O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda
      5 March, 2026
    • A Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller’
      2 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy