A Guarda pecha o ciclo de teatro aficionado con “Onde andará?”
O Centro Cultural da Guarda pecha o trío de obras de teatro aficionado co a obra “Onde andará?”.
O grupo de teatro aficionado As dez patas do banco presenta esta obra coa intención de facer rir ao público e pasar un bo rato. Este grupo de Pedornes (Oia) caracterízase pola diversidade de persoas que o conforman, dos 9 aos 75 anos. Todos eles veñen coa intención de facer rir o público e pasar un bo momento.
A obra dará comezo este sábado 26 de abril ás 20:00h no Centro Cultural. A obra que representan é de creación propia, escritas pola súa directora Mónica do Castro.