(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • A Trail League volve ao Baixo Miño cargada de enerxía con tres probas que conxugan deporte, natureza e turismo

    A Trail League volve ao Baixo Miño cargada de enerxía con tres probas que conxugan deporte, natureza e turismo

    • Posted by prensa
    • Categories Deporte
    • Date 30 April, 2021

    As etapas desenvolveranse nos concellos do Rosal e A Guarda e Tui, que chega como novidade, nos meses de maio, outubro e novembro

    As persoas amentes do trail están de parabéns, a Pontevedra Trail League chega este 2021 ao Baixo Miño cunha atractiva programación coa colaboración da Deputación de Pontevedra, os concellos do Rosal, A Guarda e Tui e a empresa NOKO 360. A competición volverá a contar co Trail Adventure Muíños do Folón (no Rosal) e o Trail do Trega (na Guarda) aos que se suma este ano o Trail do Aloia (en Tui), que chega como novidade desta segunda edición. O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación destas probas, na que estiveron presentes a presidenta Carmela Silva, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, a concelleira de deportes da Guarda, Monserrat Magallanes, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, e o director deportivo da Pontevedra Trail League, Serafín Martínez.

    A presidenta provincial subliñou que a provincia de Pontevedra é “unha grande referencia na capacidade para unir a diferentes concellos cun obxectivo común”, tal e como evidencia a organización desta proba. Segundo indicou, a Trail League “non soamente potencia os valores do deporte senón que tamén fomenta o turismo deportivo” nun territorio cuns “valores paisaxísticos e unha beleza comparables cos lugares máis fermosos do mundo e cuns valores medioambientais que fan que o evento estea chamado a medrar cada ano máis”. O trail é un deporte que “cada vez ten a máis persoas que o practican, o seguen e o apoian e que son unha mostra de que esta é unha provincia é moi dinámica”, destacou Carmela Silva na súa intervención.

    A primeira das probas será o Trail Adventure Muiños do Folón, que se levará a cabo o domingo 9 de maio e cuxas prazas esgotáronse en menos de 24 horas. O percorrido transcorrerá polos Muíños do Folón e do Picón, un lugar que forma “parte da identidade dos rosaleiros e das rosaleiras”, tal e como indicou Ánxela Fernández. Para a alcaldesa do Rosal “a Trail League supón un paso adiante no traballo conxunto que estamos a facer na comarca para transformar a nosa realidade”. Fernández destacou tamén que a pandemia fixo “que moitas cuestións que xa eran relevantes colleron un peso especial”. Neste senso referiuse ao “espazo natural e a valorización do patrimonio”, dúas das liñas nas que se desenvolve esta proba deportiva.

    Será o 17 de outubro cando chegue á Guarda o Trail do Trega, no que as e os participantes percorrerán o Castro, do que este ano se celebra o centenario do seu recoñecemento como Ben de Interese Cultural. Neste senso, a concelleira de deportes da Guarda agradeceu “de maneira moi expresa” á Deputación o ter feito “nos últimos anos as inversións máis impotentes para por en valor un dos bens máis relevantes da provincia”. Montse Magallanes lembrou que unha das obrigas das administracións públicas é “facer felices ás persoas”, algo que se fai posible coa celebración desta proba porque “facer deporte nun territorio como é o Baixo Miño é todo un espectáculo ao combinar actividade física, natureza e patrimonio”.

    A derradeira das probas será o Trail do Aloia, a novidade deste ano, que se celebrará o 7 de novembro “nun parque natural ao que lle imos a sacar un partido impresionante”, tal e como indicou Rafael Estévez. O concelleiro de deportes de Tui amosouse moi agradecido coa organización desta proba, a cal sinte moi de preto.

    Todas as probas contan cunha distancia entre 15 e 18 quilómetros e un límite de 400 participantes en cada unha. Ademais, seguiranse nelas todos os protocolos de hixiene sanitaria. Serafín Martínez aproveitou a súa quenda de palabra para resaltar o éxito que teñen estes eventos a pesar de realizarse “en plena pandemia”. Para o director deportivo da Pontevedra Trail League é “fantástico que haxa un 42% de mulleres participando na proba”, un dato que pon de manifesto que a competición cumpre cun obxectivo de “abrir a todo o mundo este tipo de actividades”. Ademais, con esta competición “non pensamos só no deporte, tamén o facemos na economía local e no conxunto da cidadanía” destes tres concellos.

    Tag:A Guarda, Deporte, pontevedra trail league 2021, trail

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda adxudica as obras de mellora na Praza de Abastos
    30 April, 2021

    Next post

    Aberto o prazo de solicitudes para reserva de prazas na Gardería Municipal
    1 May, 2021

    You may also like

    • As Festas das Mercedes péchanse co II Trofeo Ciclista Aser Estévez
      24 September, 2025
    • As bicicletas toman os montes da Guarda este domingo
      8 September, 2025
    • Xa están abertas as inscricións para a carreira pedestre Julia Vaquero
      4 September, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy