Aberto o prazo de solicitudes para reserva de prazas na Gardería Municipal
A Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2021/2022. Os pais / nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:
• nenos/as matriculados e con praza no curso anterior (2020/2021), presentarán a solicitude do 1-15 de maio.
• Nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude do 16-31 de maio .
Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda no teléfono 986614507.
Tag:A Guarda, Gardería, prazas, Servizos Sociais