Dúas alcoholemias positivas nun control preventivo realizado pola Policía Local da Guarda
• A Policía Local da Guarda continúa este mes de maio co control e vixianza da seguridade vial en rúas da vila mediante a realización de probas de alcoholemia.
A Policía Local da Guarda, en colaboración da Dirección General de Tráfico(DGT), recibiu en préstamo un aparello para a realización das probas de control de alcohol en aire expirado.
Deste xeito, dende a semana pasada iniciouse unha campaña de control da seguridade vial en rúas da vila, que deu coma resultado dúas alcoholemias positivas.
Neste operativo, no que se controlaron un total de 10 vehículos, detectáronse dúas alcoholemias con resultado positivo, cun resultado de dúas sancións administrativas.
Dende a Concellería de Tráfico do Concello da Guarda apelase á responsabilidade dos condutores para evitar, na medada do posible, situacións de risco nas estradas.