‘As máis molonas’ xunta debuxo e música para os máis pequenos este venres
A praza Avelino Vicente recibe este venres 27 ás 17:30 horas o espectáculo infantil “As máis molonas” de Pakolas Ilustradas.
Este é un espectáculo no que Laura Romero, ilustradora, dará ‘vida’ cos seus debuxos en directo ás cancións e historias de Paco Cerdeira (Pakolas). A través do humor, música e debuxos, Pakolas e Laura ofrécennos un show participativo para os máis pequenos da casa.



