Antes de rematar o ano, a programación de Nadal ofrece de novo unha tarde para desfrutar en familia e con música. O martes 30 de decembro ás 17:30h chega a actuación de Terapia de grupo kids, unha proposta musical en …
O próximo luns 29 de decembro, os elfos de Nadal pasarán unha tarde na Guarda. Será unha tarde chea de xogos, baile, diversión e risas para eles e para todos os nenos e nenas que se queiran sumar. Os elfos …
Continúa a programación especial infantil deste Nadal. Este venres 26 de decembro, chega o espectáculo “Historias para escagarriñarse”, onde tres feirantes percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. O …
Con motivo das festas do Nadal o Punto Limpo permanecerá pechado os días 24, 25 e 31 de decembro, así como o 1 e 6 de xaneiro. Así mesmo, durante esas xornadas o Concello da Guarda tamén permanecerá pechado para …
Este sábado os pequenos da casa poderán desfrutar dun obradoiro de cociña de Nadal. Os participantes elaborarán unhas tartaletas de galleta, iogur e froita e tamén unhas galletas de xenxibre. Deste xeito, amasarán, enfornarán e decorarán as súas propias elaboracións …
O coro Cantábile volve este ano a encher de música as rúas da vila cun pasarrúas de panxoliñas. O percorrido comezará ás 20:00h do próximo martes 23 de decembro desde a praza do Reló para dirixirse pola rúa Brasilino Álvarez …
O próximo martes 23 de decembro, A Guarda recibe unha visita sorpresa: os Bolechas. Estes coñecidos irmáns veñen presentar o seu novo xogo:Os Bolechas coñecen a provincia de Pontevedra e o territorio transfronteirizo. O martes ás 12:00h no Centro Cultural …
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta de fenómenos costeiros de nivel LARANXA en todo o litoral galego. Durante a fin de semana manterase case de xeito continuo a alerta, por mar combinada con ondas que poderán superar os 5 …
A Guarda recibe o próximo luns 22 unha visita moi especial: Papá Noel. O invitado estrela estará na praza de Avelino Vicente das 17:00 ás 19:00 horas. Ademais, non virá só, estará acompañado dos elfos e incluso, do Grinch. Así, …
Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes para as subvencións municipais do Concello da Guarda por concorrencia competitiva destinadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio. As entidades e persoas interesadas teñen de prazo ata o 14 de …









