Carmen Johns, primeira protagonista do “Música nas Prazas”
Dende a Concellería de Cultura da Guarda séguese a apostar moi forte pola dinamización da actividade cultural guardesa. Dentro da variada oferta cultural e de entretemento que está a acoller a vila durante estes meses de verán, engadimos unha nova cita: a primeira edición de “Música nas Prazas”, que dará comezo este venres día 29 de xullo.

Esta iniciativa busca levar a música e as actividades culturais ás prazas das diferentes parroquias da vila. Para isto haberá 5 actuacións musicais, a primeira das cales se celebrará este venres coa presencia da cantante pop Carmen Johns, autora que participou no festival Portamérica dos dous últimos anos.
A xove cantante , compositora e guitarrista viguesa será a encargada de inaugurar o “Música nas Prazas”, levando as cancións dos seus dous discos, cun estilo propio que combina guitarras eléctricas e acústicas para transmitir todo tipo de emocións, á Praza de Santo Tomás a partir das 22 horas.
A segunda das citas terá como invitado a un dos grupos que están a revolucionar a escena musical actual: ‘De Vacas’. Esta actuación será na Praza do Reló, o venres 26 de agosto.
As tres actuacións seguintes estarán ofrecidas por grupos guardeses. O venres 16 de setembro o grupo punk rock ‘Unabombers’ tocará na Praza de San Caetano. O xoves 22 de setembro será a quenda de SONGODIN’S, que interpretará as súas versións de cancións coñecidas na Praza de Salcidos. E para rematar esta primeira edición de “Música nas Prazas” o grupo ‘Nobles’ actuará, co seu estilo persoal ó que eles mesmos denominan gas noble, o venres 30 de setembro na Praza de San Amaro.
Dende o Concello da Guarda convídase a todo o mundo a saír ás rúas e encher as prazas nestas cinco datas cheas de música, entretemento e moita vida cultural que seguro amenizarán as noites guardesas.