(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • «Diálogos en Educación» retorna este outono con catro novos faladoiros na Casa dos Alonso

    «Diálogos en Educación» retorna este outono con catro novos faladoiros na Casa dos Alonso

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Educación
    • Date 6 October, 2017

    Esta terceira edición contará con catro charlas nas que profesionais do mundo da pedagoxía e a psicoloxía promoverán o debate e a reflexión sobre diferentes temas de actualidade no ámbito educativo. O primeiro faladoiro será o próximo venres 27 de outubro ás 20:30 horas.

    O ciclo de charlas “Diálogos en Educación” volverá celebrarse na Guarda este outono, contando coa participación de profesionais do mundo da pedagoxía e a psicoloxía que guiarán os faladoiros abertos ao público.

    Nesta terceira edición, os encontros trasládanse á Casa dos Alonso, onde se trataran como temas principais o multiculturalismo nas aulas, o mindfulness (a atención consciente ou plena), a filosofía adaptada á infancia e as influencias neoliberais na política educativa. Esta pretende ser unha actividade aberta ao público e participativa, de interese para persoas de diferentes perfís -máis alá da profesión docente- e na que se promoverá o debate e a reflexión sobre as temáticas propostas.

    Presentación do novo ciclo de charlas

    A presentación do novo programa de “Diálogos en Educación” celebrouse o pasado martes 3 de outubro na Casa dos Alonso, coas intervencións do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Elena Baz; e o doutor en Filosofía e Pedagoxía e mestre na Universidade da Coruña (UDC), Xosé Manuel Malheiro.

    Este último, impulsor da actividade, puxo en valor a boa acollida coa que o ciclo de charlas contou dende os seus inicios, fai xa dous anos. Entón, pensouse na necesidade dunha actividade de contido educativo que fose distinta ás conferencias maxistrais. Así, o obxectivo de “Diálogos en Educación” concibiuse, explica, orientado ao debate e o intercambio de ideas, e no que os convidados -docentes universitarios- se sumasen ás conversas pola súa transcendencia, sen máis interese que contribuír ao enriquecemento común. Esta é, con todo, unha experiencia de carácter aberto na que “todos vimos a aprender e a ensinar”.

    O rexedor local quixo destacar, pola súa parte, a importancia desta clase de eventos culturais e educativos que, “non sendo multitudinarios, son moi grandes pola súa transcendencia”, dado o alto nivel dos convidados que dirixirán cada un dos faladoiros e as “interesantes reflexións” que con seguridade nos deixarán, tendo na memoria a experiencia de pasadas edicións.

    Nesta mesma liña, a concelleira de Educación referiuse aos convidados como “persoas dunha grande calidade humana e profesional” cos que “será sinxelo reflexionar e extraer ensinanzas de enorme transcendencia”. Coa mirada posta no futuro, Elena Baz defendeu a continuidade dos ciclos de charlas educativas, referíndose a este como “un evento precioso, dos que fan cambiar o mundo e polo que seguiremos apostando”.

    Programación e temáticas

    O primeiro faladoiro, co título “O multiculturalismo nas aulas, problema ou oportunidade” celebrarase o venres 27 de outubro, contando coa participación do profesor da UDC no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Juán José Bueno. O venres 10 de novembro será a segunda charla do ciclo, co título “Educación consciente: baseada en Mindfulness”, dirixida pola psicóloga do Centro San Xerome Emiliani, Joana L. Pereira.

    O profesor da UDC no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Javier F. Rouco participará na terceira charla, que xirará en torno á “Filosofía para/con a infancia”, namentres a derradeira entrega deste outono estará dirixido polo catedrático da UDC no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Jurjo Torres, e versará sobre as “Políticas educativas e as influencias neoliberais”, realizando tamén unha análise sobre o futuro da educación.

    Os encontros serán na Casa dos Alonso ás 20:30 horas, sen límite de aforo e sen necesidade de inscrición previa.

    Tag:Casa dos Alonso, Diálogos en Educación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O ciclo de charlas “Manual de instrucións para educar” retorna con novas temáticas este outono
    6 October, 2017

    Next post

    A Feira de Emprego e Formación pecha a súa primeira edición con boa acollida dos participantes
    7 October, 2017

    You may also like

    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 July, 2025
    • Marta High será a artista principal do Festival de blues A Guarda
      7 July, 2025
    • A Casa dos Alonso acolle unha exposición de figuras metálicas con materiais reciclados
      2 July, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy