Concello, Xunta e Atlético Guardés reúnense mañá para concretar as obras de urxencia no pavillón da Sangriña
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibirá este xoves, 20 de xullo, á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Miguez, e ao presidente do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva, para tratar as accións prioritarias a acometer no pavillón da Sangriña.
O rexedor trasladará a Marta Miguez a necesidade de levar a cabo as obras de ampliación e reforma do pavillón, cuxo proxecto xa está a ser redactado dende a Deputación de Pontevedra, e que xunto coas actuacións de urxencia contribuirán á mellora desta instalación deportiva.