(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Concerto de Clavecín de Joao Janeiro o venres 9 de setembro na Igrexa Parroquial da Guarda

    Concerto de Clavecín de Joao Janeiro o venres 9 de setembro na Igrexa Parroquial da Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 2 September, 2022

    “Un camiño ben temperado” é un ciclo de cinco concertos de artistas das dúas marxes do Miño que busca poñer en valor este pasado musical común, así como a súa proxección internacional, tomando como referencia o traballo da ESMAE da cidade do Porto como centro artístico na actualidade, no que conflúen o patrimonio e a historia galega e portuguesa.
    Este ciclo é unha aposta da Orquestra Clásica de Vigo que procura xerar un espazo de troco e posta en común arredor da interpretación historicamente informada do repertorio ibérico e as súas ligazóns co exterior.

    Na Guarda, Joao Janeiro ofrecerá un concerto de Clavecín o venres día 9 de setembro ás 20:00h na Igrexa Parroquial da Guarda.

    A música de tecla na Península Ibérica do Renacemento ao Barroco tardío estivo marcada por dúas correntes de composición: a asimilación de influencias externas, e a estruturación dunha tradición intimamente ligada coas características diferenciadoras dos instrumentos de tecla aquí construídos e/ou utilizados. Neste aspecto, a franxa máis occidental da península, quizais por se situar no extremo de Europa, e padecer dunha especie de síndrome das periferias, foi a que máis apertura sempre amosou cara á diversidade de influencias ou se esixiu a si mesma precisamente iso, co fi n de asemellarse máis aos centros europeos de desenvolvemento artístico.

    Transmutações ibéricas procura reflectir algúns dos máis importantes procesos de asimilación, transformación e renovación da escrita para tecla na península ibérica desde
    fi nais do século XV ata o primeiro cuarto do século XVIII.
    Desde a incorporación vocal da escola franco-flamenga catrocentista á expresión lusitana da infl uencia italiana do Barroco do setecentos, pasando pola música de danza de raíz tradicional, o estilo improvisado, ata a tradución en tecla dunha linguaxe eminentemente orquestral. O programa do recital constrúese así nun diálogo entre influencias e a súa transmutación ibérica, artellando orixes e idiosincrasias que acabaron constituíndose.

    Coa diversidade que sempre caracterizou estes repertorios, a música de tecla da Península Ibérica chegou a ser unha das tradicións europeas máis singulares e fascinantes do Renacemento ao Barroco tardío.

    PROGRAMA
    — Portigaler (Buxheimer Orgelbuch), anómino (século XV)
    — Tento sobre ‘Con que la lavaré’, de Antonio Carreira (c. 1589)
    — Diferenzas sobre a Gallarda Milanesa, de Antonio de Cabezón (1510-1566)
    — Toccata Primo Tuono, de Tarquino Merula (1595-1665)
    — Xácaras del 1.o Tono, de Juan Cabanilles (1644-1712)
    — Toccata col Scherzo del Cucco, de Bernardo Pasquini (1637-1710)
    — Recercata Ottava, de Diego Ortiz (1510-1570)
    — Terceiro Tento do 1.o Tom, Manuel Rodrigues Coelho (c.1570-c.1635)
    — Ballo di Mantova, de Gaetano Greco (1657-1728)
    — Sonata en Sol menor K. 49, de Carlos Seixas (1704-1742)

    Proxecto subvencionado no programa “O teu Xacobeo”

    Tag:Concerto, Música, orquestra clásica de vigo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A obra de teatro “Crónicas do Paraíso” de Sarabela Teatro presentase na Guarda o venres 9 de setembro
    2 September, 2022

    Next post

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle o 17 de setembro “Trispilistriñas. Contos para bebés”
    2 September, 2022

    You may also like

    • A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura do grupo Grisalla
      5 November, 2025
    • A Guarda continúa coa programación de teatro co monólogo “Hechos furiosos”
      4 November, 2025
    • A Asociación das Alfombras organiza unha xornada de obradoiros para os máis pequenos
      3 November, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy