Convocatoria de pleno ordinario para o mércores 26
O próximo mércores 26 de marzo celébrase no Salón de Plenos do Concello un pleno ordinario ás 20:00 horas.
PUNTOS ORDE DO DIA
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 29.01.2025.
- Dar conta dos decretos desde o 16/01/25 ata 15/03/25.
- Dar conta dos reparos de intervención.
- Dar conta do informe de morosidade e período medio de pago do cuarto trimestre 2024.
- Dar conta da liquidación do orzamento xeral ano 2024.
- Proposta alcaldía extinción convenio cesión escola Portela.
- Proposta alcaldía inicio contratación subministros eléctrico 2025.
- Proposta alcaldía devolución aval Transgalaica piscina.
- Proposta da alcaldía modificación proxecto obra edificio Sinde Bloque I.
- Moción presentada polo grupo municipal do BNG para solicitar á Xunta de Galiza a aprobación por lei e a posta en marcha dunha valedoría de igualdade.
- Moción presentada polo grupo municipal do BNG en relación á proposta da plataforma SOS Sanidade Pública para solicitar o apoio á manifestación do día 6 de abril.