Convocatoria de proceso selectivo para a contratación de 2 auxiliares de Policía Local
O Concello da Guarda convoca un proceso selectivo para a contratación de 2 auxiliares de Policía Local durante un período de 6 meses. As bases da convocatoria, así como as solicitudes de participación no proceso, están a disposición dos e das interesadas no Rexistro Xeral, nos enlaces adxuntos á esta nova e na sede electrónica do Concello da Guarda.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 10 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio.