FIN DE SEMANA CULTURAL NO CONCELLO DA GUARDA
Haberá unha actuación de jazz, un festival folclórico e un circo.
Este fin de semana o Concello da Guarda se prepara para acoller moitas e moi diversas actividades que entretendrán tanto ós veciños e veciñas da localidade, como ós múltimples visitantes que chegan a esta vila.
Mañá, venres día 26, terá lugar a actuación da Big Band “Los Swingdomables jazz orquestra” na Praza do Reló, frente a casa do Concello. Esta gran sesión de jazz comezará as 22,30 horas e está aberta a todos ós públicos. Este concerto está organizado pola Agrupación Musical da Guarda en colaboración có Concello da Guarda.
O sábado as actividades xa comezan pola mañá, xa que se celebra o IX Aniversario da Casa de Acollida das Samaritanas da Gándara. Ás 11 horas os pasacalles recorrerán as rúas da parroquia para logo, ás 11,30 horas, dar comezo á Eucaristía. Ás 12,30 a música volverá a saír a rúa da man dun grupo de gaitas que, esta vez, estarán acompañados tamén por bailaríns. Esta actividade, organizada pola Casa de Acollida, coa colaboración do Concello, busca rendir homenaxe a súa labor.
Pola tarde, o Auditorio de San Bieito da Guarda, acollerá o XI Festival Luso-Galaico de Xamaraina. Nesta actividade, que está organizada polo propio grupo de baile Xamaraina e que conta coa colaboración do Concello, participan grupos chegados dende Galicia, Palencia en Castela León e Coimbra en Portugal. A actuación, aberta a todos os púlicos comezarás ás 20,30 horas. Esta é a onceava edición que se celebra este festival, polo que xa é unha cita máis que consolidada nesta vila.
Por último, o domingo, celebrarase tamén no Auditorio de San Bieito a gran gala de Circo “Ruactiva”. Este espectáculo, que combina música en directo, clowns e acrobacias aéreas, comezará ás 20,30 horas. En esta gala contarán con Fran Rei como mestre de ceremonias, coa música da “Magnifique Banda dos Homes sen Medo” e coas actuacións da compañía “Peter Punk”, “Circo Chosco” e “Desastronauts”.
Este espectáculo, que terá unha duración de aproximadamente 100 minutos, está recomendado para todos os públicos.
Esta actividade está financiada polo Concello da Guarda en colaboración en AGADIC e a Axencia Galega de Turismo.
Con todas estas actividades, o Concello da Guarda prepara para os seus veciños e veciñas e tamén para os visitantes, un fin de semana cultural co que divertirse e entreterse.