(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Fin de semana de propostas diversas para todas as idades na Guarda

    Fin de semana de propostas diversas para todas as idades na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Deporte
    • Date 19 July, 2018
    A Guarda recibe unha nova fin de semana do verán chea de programación cultural e deportiva para todas as idades. Exposicións, exhibicións deportivas e de baile, torneo de baloncesto, concertos con Ardentía e Milladoiro, visitas guiadas ao Monte de Santa Trega ou a Festa do Avó, son algunhas das propostas para esta fin de semana na Guarda.

    A Guarda recibe unha nova fin de semana do verán chea de programación cultural e deportiva para todas as idades. Exposicións, exhibicións deportivas e de baile, torneo de baloncesto, concertos con Ardentía e Milladoiro, visitas guiadas ao Monte de Santa Trega ou a Festa do Avó, son algunhas das propostas para esta fin de semana na Guarda.

    Programación por días:

    Venres 20

    A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle este venres día 20 de xullo ás 21:00h a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.

    Ás 21:30h o Estadio Municipal da Sangriña da Guarda acolle a II edición da Mostra C.D. Baixo Miño, un evento deportivo con entrada de balde no que se realizarán exhibicións de judo, pilates, baile moderno e zumba.

    Sábado 21

    Na xornada do sábado día 21 de xullo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

    Durante a mañá do sábado convidamos tamén a visitar no Centro Cultural a Exposición “Cambia de Perspectiva” de Pablo Lubians, unha mostra de 15 fotografías aéreas capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva fora do habitual. Horario: de 10:00h a 13:00h.

    Ás 20:30h a Agrupación Musical da Guarda organiza na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos unha Mostra musical aberta a todo o público.

    Este sábado día 21 de xullo de 2018, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acollen a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3×3 Vila da Guarda. O Torneo celebrarase ao longo de toda a xornada deste sábado, e coma ven sendo habitual contarase co acompañamento musical de DJ´s, un torneo de triples para os inscritos e tamén o triple do espectador.

    Este sábado día 21 de xullo a partires das 22:30h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra. Nesta cuarta edición contarase coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro, enchendo de boa música galega este emblemático espazo da vila guardesa, o Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

    Durante a xornada do sábado realizaranse tres visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con visita ao castro(Punto de encontro Poboado Castrexo) e ás 12:30 e 17:00h con visita ao Monte(Punto de encontro Museo Arqueolóxico de Santa Trega MASAT).

    Domingo 22

    O Domingo terá lugar a carreira a pé DepoDesafío, un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que levará aos seus participantes polas beiras do Río Miño entre Tomiño, O Rosal e A Guarda, rematando aos pés do Monte Santa Trega, alternando sendeiros con zonas asfaltadas cunha distancia media de 21km e 97m de desnivel.

    Na xornada do Domingo 22 de xullo o Porto da Guarda será o escenario para unha nova edición da Festa do Avó, que terá inicio ás 17:00h e contará con actuacións musicais e homenaxe aos maiores, evento organizado polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda en colaboración co Concello da Guarda.

    Tamén na xornada do Domingo o Auditorio de San Bieito acolle ás 20:00h a actuación de Baile Talent Latino, organizada por Studio 88, baixo a dirección de Josué Álvarez e presentado por Astrid Steinbrüggen, un espectáculo de danza e baile que porá o broche final a esta fin de semana de verán na vila da Guarda.

    Durante a xornada do domingo teredes unha nova oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega con visitas guiadas, ás 11:30h con visita ao Castro(Punto de encontro Poboado Castrexo) e ás 12:30 e 17:00h con visita ao Monte(Punto de encontro Museo Arqueolóxico de Santa Trega MASAT).

    Tag:A Guarda, cultura, Deporte, Música, Noites no Castelo, verán

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Este venres inaugúrase na Guarda a Exposición fotográfica -Así Somos-
    19 July, 2018

    Next post

    A Guarda acolle o 3 e 4 de Agosto a IV edición do Galifornia Beat
    20 July, 2018

    You may also like

    • O espectáculo ‘Enredada’ de Leti da Taberna pecha o ciclo Ven ao teatro da Guarda
      16 January, 2026
    • A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para a obra “Memorias dun neno labrego”
      7 January, 2026
    • Os Reis Magos visitan A Guarda o próximo luns 5
      2 January, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy