(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • Sentida homenaxe as persoas asasinadas polo franquismo na Guarda

    Sentida homenaxe as persoas asasinadas polo franquismo na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Xerais
    • Date 27 October, 2017

    Onte celebrouse no cemiterio de Camposancos a homenaxe anual aos asasinados durante o franquismo, coa realización dunha ofreda floral e a pronunciación dun discurso a prol da memoria histórica, organizada pola Federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras da comarca de Vigo en colaboración co Concello da Guarda.

    O acto comezou pasadas as 17:30 horas fronte a fosa común de Sestás, na que 48 homes, principalmente procedentes de Asturias e León, foron “asasinados da forma máis cruel posible”, segundo referiu o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.

    Representando a unión comarcal de CCOO de Vigo, Francisco Carrera tomou a palabra fronte o preto dun centear de persoas congregado no camposanto para poñer en valor a necesidade deste acto anual. “Cando unha sociedade perde a súa memoria, perde unha parte da súa biografía social e as referencias do que é e por que o é”, asegurou Carrera, que animou a seguir “loitando pola liberdade e a xustiza, pois nada é eterno e inmutable e nada se consegue baixando os brazos e practicando a arte da indiferencia”.

    Nesta mesma liña, o secretario xeral de Pensionistas do sindicato en Vigo, Roberto Ucha, rememorou o contexto histórico, caracterizado polo ascenso dos fascismos en Europa, no que se acometeron os asasinatos en Camposancos. “Eses sistemas crearon un monstruo que levou a guerra civil española primeiro, e a guerra mundial despois” causando millóns de mortes durante e despois dos conflictos, lembrou Ucha. Con todo, asegurou, “o antifascismo é a idea que une a todos os que estamos aquí, polo terror a que ese sistema se repita en Europa”.

      O acto de homenaxe trasladouse deseguido ao Centro Cultural, onde tivo lugar unha charla-coloquio guiada polo investigador e historiador vigués, Bernardo Vázquez e na que tamén participou o guardés e estudoso da historia local, José Antonio Uris.  A el referiuse o rexedor como “unha das persoas que se  preocupou por darlle dignidade ao cemiterio” de Sestás, no que dende agosto de 1986 figura un monumento na lembranza das persoas alí fusiladas e soterradas durante a Guerra Civil española.

      Uris realizou un repaso á historia do campo de concentración guardés, dende a chegada dos primeiros prisioneiros asturianos en 1937 e no que preto de 5.000 homes chegaron a convivir amoreados e centos foron fusilados ou morreron por enfermidade, ata o levantamento do monumento na fosa común de Sestás.

      Co título “Os Consellos de Guerra: a xustiza do revés”, Vázquez amosou os asistentes un bo número de documentos da época que dan conta da represión acometida polo sistema franquista dende a sublevación en 1936. Entre os mecanismos institucionalizados de represión, destacou o historiador, atopábanse os Consellos de Guerra, un “instrumento de xurisdicción militar aplicado a miles de homes e mulleres”. As condenas -de 30 anos, cadea perpetua ou morte- “dependían directamente do perfil político da persoa”, de xeito que aqueles ligados ás institucións republicanas serían fusiladas, namentres unha “desafección á causa nacional” custaría a liberdade.

      O tribunal militar, que comezou a traballar no campo de concentración de Camposancos en 1938, chegou a celebrar unha media de catro consellos de guerra ao día cunha vintena de prisioneiros en cada unha das sesións. Non todos os condenados, segundo explicou Uris, atoparon a morte na Guarda, pois moitos deles foron trasladados a outras partes de Galicia, como Vigo ou Pontevedra, para a súa execución.

      Con todo, sentenciou o guardés, “non debemos esquecer nunca a estas persoas, que tiñan como ideais a liberdade e a democracia, e morreron por elas”. Nesta liña, Antonio Lomba incidiu na vontade por parte do Concello da Guarda de continuar contribuíndo á lembranza das vítimas do franquismo na vila, malia que “todo o que fagamos para honrar a súa memoria e a das súas familias será pouco” dada a inxustiza froito da cal estas persoas perderon a vida.

      Tag:Campo de concentración, Camposancos, Centro Cultural, Consellos de Guerra, Fosa común, historia, Homenaxe, Sestás

      • Share:
      prensa

      Previous post

      Outubro remata na Guarda cunha ampla e variada programación cultural e lúdica
      27 October, 2017

      Next post

      Horario do transbordador A Guarda – Caminha do martes ao domingo 5 de novembro
      30 October, 2017

      You may also like

      • A unidade móbil de ADOS volve antes de Nadal á Guarda
        11 December, 2025
      • AVISO: Alerta amarela por chuvias intensas e ondas este xoves e venres
        4 December, 2025
      • O mercadillo celebrarase o día 5 por mor do festivo da Constitución
        1 December, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy