(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Outubro remata na Guarda cunha ampla e variada programación cultural e lúdica

    Outubro remata na Guarda cunha ampla e variada programación cultural e lúdica

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 27 October, 2017

    A programación cultural e lúdica de cara á fin de semana comeza esta mesma tarde na Casa dos Alonso, onde a psicóloga e traballadora do centro San Xerome Emiliani, Joana L. Pereira, será a encargada de dar comezo á terceira edición do ciclo de charlas  «Diálogos en Educación», unha actividade aberta ao público e participativa, de interese para persoas de diferentes perfís. O faladoiro, titulado «Educación consciente, baseada en ‘mindfulness’» celebrarase a partir das 20:30 horas.

    A promoción da saúde física e mental das mulleres, pola súa parte, será a temática do ciclo de charlas «Coidate, muller!», organizada pola Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda e que arrinca tamén hoxe co faladoiro «O exercicio físico e a prevención de lesións musculares». A licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Ana González Portela, será a encargada de dirixir este primeiro encontro, que se celebrará no Centro Cultural da Guarda a partir das 20:00 horas.

    Mañá, a lectura e o audiovisual serán as protagonistas da xornada. Para os cativos e cativas, a Biblioteca Municipal organiza unha sesión especial da actividade «Contos contados» dedicada ao Samaín, a partir das 11:30 horas. Así, «Andrés cabeza abaixo» será a lectura do día e, deseguido, os participantes poderán elaborar un ‘marcapáxinas terrorífico’ no obradoiro de manualidades.  Ademais, ata o próximo 7 de novembro celebraranse as xornadas tituladas «Biblioteca solidaria», nas que aquelas persoas que se acheguen ao espazo de ocio e lectura municipal poderán escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros.

      Por outra parte, a segunda edición do «Ciclo Camposancos de Cine» retornará este sábado á parroquia guardesa. A partir das 20:30 horas terá lugar na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, organizadora do evento, o encontro  titulado «Tódolos segredos de ‘Era Visto!’. Unha serie da TVG distinta, nun mercado cambiante» no que participará o coordinador creativo da TVG e post-productor da serie, Daniel González.

      Celebrando o Samaín

      A xornada do martes, previo á celebración do Día de Todos os Santos, estará caracterizada pola temática do medo. Nesta liña, os comerciantes do Mercado do Relo organizan unha serie de actividades dirixidas a todos os públicos, comezando  ás 17:30 horas con «Obradoiros de Samaín»  na rúa Pacífico Rodríguez.  As 19:00 horas, o grupo Perseide ofrecerá un concerto no local Kanella’s Café e, xa pasada a media noite, a celebración continuará coa actuación de Punkiereteiras no local As Pozas Disco-Tasca, onde tamén se realizará unha queimada.

      A programación complétase coa celebración dunha «Andaina Nocturna do Terror», que dará comezo ás 21:00 horas dende a rúa Pacífico Rodríguez e rematará preto das 00:30 horas no mesmo punto, cunha chocolatada con churros de balde para os camiñantes. Para participar na actividade é preciso inscribirse previamente, chamando aos teléfonos 986 611 601 ou 647 368 933.

      A Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos tamén acollerá unha  «Festa de Samaín», que comezará ás 17:00 horas cun obradoiro de cabazas e continuará cunha merendola e un obradoiro de maquillaxe. Deseguido, a celebración na parroquia guardesa tamén rematará cunha «Andaina terrorífica»polas rúas de Camposancos.

      A asociación de empresarios AGUDE, pola súa parte, xa encheu os escaparates das tendas e as rúas de meigas, que permanecerán entre nós ata o próximo 1 de novembro.

        Lembrade, ademais, que a exposición «Proxecto táctil» pódese visitar no Centro Cultural ata o próximo 4 de novembro. A mostra ofrece a posibilidade de achegarse ao arte dun xeito diferente e moi atrativo para o público tanto infantil coma adulto, pois propón facer uso únicamente do sentido do tacto en detrimento do visual e gozar das texturas e as formas unicamente coas mans.

        Tag:Andaina, Casa dos Alonso, Centro Cultural, Coidate, Diálogos en Educación, muller!, Obradoiros, Samaín

        • Share:
        prensa

        Previous post

        A Deputación de Pontevedra subvenciona a renovación da sinalización horizontal da Guarda
        27 October, 2017

        Next post

        Sentida homenaxe as persoas asasinadas polo franquismo na Guarda
        27 October, 2017

        You may also like

        • O espectáculo ‘Enredada’ de Leti da Taberna pecha o ciclo Ven ao teatro da Guarda
          16 January, 2026
        • A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para a obra “Memorias dun neno labrego”
          7 January, 2026
        • Os Reis Magos visitan A Guarda o próximo luns 5
          2 January, 2026

        Search

        Categories

        • General
        • Highways and works
        • Tourism
        • Uncategorized
        • Women

        Rebulindo

        • Móvete (Actividade física)
        • Lemos Xuntos?
        • Dalle ó Play
        • Coñece a vila!
        • A vida é xogo
        • Acion (Formación)
        Logo Concello de A Guarda

        (+34) 986 610 000

        (+34) 986 610 283

        alcaldia@aguarda.es

        MOBILE APP

        You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

        A Guarda IOS application
        A Guarda Android application

        Council

        • Write to the Mayor
        • Schedules of Interest
        • Sede Electrónica

        Información

        • Associations and Groups
        • Phones of interest
        • Emergency Pharmacy

        Recommended

        • Events
        • News

        © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

        • Legal notice
        • Política de cookies
        • Privacy Policy