‘Nadal en prácticas’, a historia dunha aprendiz a elfa chega á Guarda este luns
A Guarda arranca a semana que vén con actividades da programación especial do Nadal. O luns 23 de decembro ás 17:30 horas é a quenda do espectáculo de contacontos “Nadal en prácticas”.
A praza de Avelino Vicente acollerá este contacontos interactivo que trata sobre Nolitas, unha Elfa un pouco peculiar que este Nadal está en prácticas e a piques de afrontar a súa proba de “COEN” (Certificado Oficial a Elfo de Nadal).
Nolitas pedirá a axuda de pequenos e maiores para poder superar este reto.