Nova tubaxe no 1ºTransversal Portela Amo (Salcidos) para deixar atrás as fugas de auga
Hai unhas semanas, os servizos municipais renovaron 90m de tubaxe no 1º Transversal Portela Amo (Salcidos). Esta obra realizouse para poñer remedio as frecuentes fugas que sufrían, e a consecuente perda de auga e de servizo que supoñía.
Coa instalación da nova tubaxe e das acometidas, garántese o servizo de auga para os veciños e veciñas, e o aproveitamento dun recurso tan importante como a auga.
Deste xeito, o Concello aposta por renovar as instalacións para buscar unha maior eficiencia e, que a súa vez, supoñan unha mellora dos diferentes servizos e da comodidade á veciñanza.