Novo contacontos na Biblioteca Municipal para despedir o curso
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle este sábado un contacontos para pechar este curso que estivo chea de actividades na Biblioteca.
Esta vez, Tania Justo trae un cantacontos infantil baseado no libro ‘O monstro de cores’ no que coñecemos as emocións básicas como a alegría, tristeza, ira, medo e a calma.
A través dos diferentes sentidos como son a vista, o tacto e o oído, irán descubrindo estas emocións e sempre sempre acompañadas de música… Quen concibe as emocións sen música?
“Os contacontos son unha actividade moi importante, xa que fomenta a lectura entre os máis pequenos”, declara o alcalde, “mais este cantacontos, polas datas, tamén recorda a importancia de manter o hábito de lectura durante o verán ”.
O contacontos está recomendado para nenos e nenas a partir dos 3 anos e celébrase este sábado 21 de xuño ás 12:00h na Biblioteca Municipal.
Este contacontos súmase aos que se levan realizando durante o ano, como “Os contos do gato”, “Xuntos ata a Lúa e máis alá” ou o contacontos sensorial para bebés.