O CONCELLO DA GUARDA FACILITA A AXENDA DE ACTIVIDADES DE VERÁN EN FORMATO PDF
O Concello da Guarda xa repartiu entre os veciños e veciñas da localidade e en distintos puntos significativos da vila ó alcance de toda persoa, a axenda de actividades de verán onde, por datas e horas, están agrupados todos os espectáculos, festas ou exposicións programadas para os meses de xullo, agosto e setembro.
Ademais de nun formato físico, como novidade este ano, o Concello facilita esta axenda en formato PDF, para que todas as persoas que así o queiran, poidan descargala tanto nos dispositivos móbiles coma nos seus ordenadores.
Para descargar a axenda non teñen máis que premer no enlace que está debaixo deste texto e darlle a gardar no dispositivo.
Con este novo formato, dende o Concello, pretenden darlle máis actividade a axenda e que estea presente nas vidas dos veciños e veciñas da vila para que coñezan a oferta e a variedade de espectáculos e festas que durante os meses de verán se celebran na Guarda.