O CONCELLO DA GUARDA RECIBE A GRAN GALA DE CIRCO “RUACTIVA”
O espectáculo é o domingo, 28 de xuño, no Auditorio de San Bieito.
O Concello da Guarda recibe o domingo, día 28 de xuño, a gran gala de circo “Ruactiva”. Este espectáculo, que combina funciones de pallasos, malabares e acrobacias aéreas, está composto por un mestre de cerimonias, tres compañías e un grupo musical en directo.
Coa presencia das compañías más representativas, xunto con multitude de variedades técnicas e artísticas, conxuntadas coa maxia e ilusión típicas do circo e acompañados dunha banda que ofrece música en directo, presentan unha función cunha morea de números circenses pensados para todos os públicos.
Tanto os máis nenos coma os maiores, desfrutaran deste divertido espectáculo.
A cita é no Auditorio de San Bieito ás 20,30 horas e calcúlase que a función dure arredor de 100 minutos.