O día 23 de setembro celébrase a tradicional romaría a Santa Trega
O luns 23 de setembro é o día de Santa Trega, patroa da Guarda. Como é tradición, ofreceranse misas rezadas na capela de Santa Trega pola mañá, ás 8:00, 9:00 e 10:00 horas.
Ás 11:30 horas dará comezo a misa solemne con ofrenda e procesión posterior. Ao remate dos actos relixiosos, terán lugar as tradicionais e coñecidas poxas co sorteo final dunha monumental tarta con regalo sorpresa.