Víctor Rey expón na Guarda pinturas sobre paisaxes da nosa costa
A Casa dos Alonso acolle a exposición “As cores do Camiño” de Víctor Rey. Desde o venres 13 de xuño ata o luns 30 poderemos desfrutar das pinturas coas paisaxes abertas que se desfrutan no percorrido do Camiño de Santiago Portugués pola costa.
Estas paisaxes van desde os últimos remansos do Camiño polo río Miño, ata o seu paso pola vila da Guarda e a carón do Atlántico, onde se divisan atardeceres e postas de sol inesquecibles.
O autor das pinturas, Víctor Rey, mostra nos seus cadros, postas de sol, e amenceres, a través dunha coidade técnica e matrices cromáticos. Ademais, o autor xa leva tras as costas moitas exposicións tanto en concellos próximos, como Baiona, O Rosal ou Tui.
A súa formación autodidacta, non foi impedimento para percibir unha técnica espectacular da cor e da luz para transportarnos a esas paisaxes en directo. A exposición poderá visitarse de luns a venres de 9 a 14h na Casa dos Alonso.