(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal

    Xeráis

    • Inicio
    • Xeráis
    • Informacións xerais sobre o coronavirus COVID-19

    Informacións xerais sobre o coronavirus COVID-19

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xeráis
    • Date 15 Decembro, 2021
    • Comentarios 3 comentarios

    Resumo de informacións publicadas:

    2020

    12 de marzo: O Concello da Guarda adopta medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19

    13 de marzo: O Concello da Guarda suspende o mercadillo semanal dos sábados

    14 de marzo: Novas medidas adoptadas en prevención fronte ao coronavirus COVID-19 na Guarda

    15 de marzo: Suspendido o servizo do transbordador A Guarda – Caminha

    15 de marzo: O Concello da Guarda informa á cidadanía sobre o funcionamento do Centro de Saúde

    15 de marzo: O Concello da Guarda informa das medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19

    16 de marzo: O Concello da Guarda informa a cidadanía do seu funcionamento, xestión tributaria, recollida de lixo e emerxencias

    17 de marzo: O Concello da Guarda informa sobre os transportes públicos, o xulgado de paz e as fronteiras.

    18 de marzo: O Concello da Guarda fai un chamamento para o auxilio aos grupos de risco

    18 de marzo: O Concello da Guarda informa sobre o DNI, o selado do paro e os certificados de empresa

    19 de marzo: O Concello da Guarda informa da suspensión dos órganos colexiados municipais

    21 de marzo: O Concello da Guarda agradece as doazóns de material de empresas locais e informa da limpeza e desinfección de espazos municipais

    23 de marzo: Reúnese na Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19

    24 de marzo: O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas por causa da alarma polo coronavirus

    24 de marzo: Manexo do lixo nos domicilios con persoas positivas en coronavirus ou en corentena

    25 de marzo: Manexo e atención domiciliaria de persoas contaxiadas polo COVID-19

    25 de marzo: O Concello da Guarda incrementa a desinfección e limpeza de espazos públicos

    25 de marzo: Xa non sabedes a que adicar o tempo libre? Saca o investigador que levas dentro!

    26 de marzo: Estamos contigo, la violencia de género la paramos unidas

    28 de marzo: O Concello da Guarda informa sobre accións con cans e colonias felinas durante o estado de alarma

    28 de marzo: A Guarda Covid Makers comeza a colaborar na fabricación de máscaras de protección

    29 de marzo: Guía de boas prácticas no sector comercial

    29 de marzo: O Concello da Guarda deu conta nunha Xunta de Portavoces das medias adoptadas polo COVID-19

    1 de abril: Guía de boas prácticas no sector comercial actualizada

    3 de abril: O Concello da Guarda convida a todos os veciños e veciñas a tomar parte da iniciativa “Participa compartindo”

    3 de abril: A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da Guarda

    4 de abril: Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

    6 de abril: Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

    7 de abril: Novas medidas adoptadas pola Comisión de seguimento do Covid-19 na Guarda

    8 de abril: O Concello da Guarda crea unha Rede de apoio veciñal de acompañamento afectivo a distancia

    12 de abril: Directrices de boas prácticas nos centros de traballo

    15 de abril: O Concello da Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte ao covid-19

    16 de abril: O Concello da Guarda colabora coa Asociación Parkinson Baixo Miño

    16 de abril: A Biblioteca Pública Municipal da Guarda convida a celebrar o Día do Libro 2020

    17 de abril: Listado de empresas que realizan envíos a domicilio na Guarda

    19 de abril: Recomendacións para a limpeza nas vivendas

    19 de abril: O concello da Guarda suspende todos os eventos ata o 12 de xullo

    20 de abril: O concello da Guarda intensifica o apoio ás persoas mais vulnerables durante a pandemia

    24 de abril: O alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemático

    27 de abril: O Concello da Guarda abre espazos públicos para os mais pequenos

    28 de abril: O Concello da Guarda inaugura o portal web #rebulindo (dende a casa)

    30 de abril: O concello da Guarda eliminará a taxa de terrazas para o 2020

    6 de maio: O concello da Guarda posibilitará a ampliación de terrazas e o espazo do mercadillo dos sábados

    8 de maio: O Concello da Guarda informa sobre a presentación das solicitudes de admisión en centro educativos

    8 de maio: Aberto o prazo para solicitar praza do curso 2020/21 na Escola Infantil Municipal da Guarda

    9 de maio: O concello da Guarda retoma a prestación de servizos administrativos presenciais a partires do luns 11 de maio

    9 de maio: O concello da Guarda destinará máis de 130.000€ a un plan de choque para a reactivación económica da vila

    11 de maio: O concello da Guarda solicita a Portos de Galicia e Costas do Estado a anulación da taxa de terrazas do ano 2020

    11 de maio: A Guarda conmemora as Letras Galegas cun tendal de Poemas

    14 de maio: Este sábado arranca de novo o mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda

    15 de maio: A Mesa Local de Comercio da Guarda reúnese en sesión extraordinaria e cunha orde do día centrada nas medidas tomadas polo Concello para o sector

    20 de maio: Alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño reclaman que se abran as fronteiras con todos os medios de control e seguridade

    21 de maio: Medidas de hixiene durante a Fase II

    25 de maio: O concello da Guarda lanza o marketplace mercanaguarda para impulsar a venda online nos negocios locais

    26 de maio: O Concello da Guarda informa sobre temas de interese para a cidadanía na fase dous da desescalada

    28 de maio: A Omix da Guarda oferta novos cursos en formato de teleformación

    28 de maio: Os concellos do Baixo Miño reclaman colaboración da Xunta na xestións das praias

    3 de xuño: A Oficina de Xestión Tributaria retoma a atención presencial na Guarda a partires do 8 de xuño

    3 de xuño: A Guarda contará cunha comisión especial para a reactivación económica formada por profesionais que rexentan negocios ou están estreitamente ligados á nosa vila

    4 de xuño: O concello da Guarda apela á responsabilidade da cidadanía sobre as medidas de prevención e o medio ambiente

    9 de xuño: O Concello da Guarda informa das medidas adoptadas trala entrada na Fase III da desecalada

    17 de xuño: O concello da Guarda informa a cidadanía sobre cuestións relacionadas coa transición cara a nova normalidade

    15 de xullo: A Guarda presenta unha App para a creación de cartas dixitais en establecementos de hostalaría

    2 de setembro: O concello da Guarda informa da situación na localidade en relación ao COVID-19

    4 de setembro: O concello da Guarda comunica que 3 traballadoras de servizos exteriores están contaxiadas por covid-19

    11 de setembro: Sanidade declara A Guarda zona con especiais restriccións por motivo do COVID-19

    11 de setembro: O Concello da Guarda suspende o mercadillo deste sábado día 12 de setembro

    15 de setembro: Inicio do curso escolar no Conservatorio de Música na Guarda con novos protocolos polo Covid-19

    18 de setembro: Sanidade levanta na Guarda as restricións preventivas por motivo do COVID-19

    28 de setembro: Plan de continxencia Covid-19 da Escola Infantil Municipal da Guarda

    23 de outubro: Suspéndese o mercadillo semanal dos sábados na Guarda

    27 de outubro: Informacións e recomendacións sobre as medidas de prevención relacionadas coa situación sanitaria

    03 de novembro: Comunicado do concello da Guarda pola situación sanitaria por COVID-19

    5 de novembro: O concello da Guarda aproba a redución nun 25% da taxa de lixo ás actividades que estiveron pechadas por mor do estado de alarma

    5 de novembro: A Guarda reúne a comisión de seguimento da COVID-19 diante da complicada situación sanitaria na localidade

    13 de novembro: Comunicado do concello da Guarda pola situación sanitaria por COVID-19

    14 de novembro: Situación sanitaria por COVID-19

    21 de novembro: Situación sanitaria na Guarda por COVID-19.

    02 de decembro: Comunicado en relación ao anuncio da Xunta de Galicia de medidas restritivas na Guarda

    03 de decembro: Información sobre a entrada da Guarda nas medidas restrictivas pola situación sanitaria

    04 de decembro: Medidas de prevención específicas para o Concello da Guarda publicadas pola Xunta de Galicia

    2021

    14 de xaneiro: Información sobre a entrada da Guarda nas medidas restrictivas pola situación sanitaria

    15 de xaneiro: A Guarda reclama ás administracións fondos de urxencia para paliar o impacto económico negativo da pandemia

    19 de Xaneiro: Apoia á hostalería da Guarda – Consume local

    21 de Xaneiro: Información sobre a situación sanitaria na Guarda por COVID-19 (21/01/2021)

    27 de Xaneiro: Novas medidas restrictivas

    29 de xaneiro: A Guarda reúne a comisión de seguimento da COVID-19 diante das novas medidas sanitarias

    05 de febreiro: Información sobre a situación sanitaria na Guarda por COVID-19 (05/02/2021)

    16 de febreiro: Principais modificacións das medidas restrictivas a partires deste mércores día 17 de febreiro

    23 de febreiro: Hoxe comezaron na Guarda as vacinacións fronte á COVID-19 dos maiores de 80 anos de Oia, Rosal e A Guarda

    25 de febreiro: Modificación das medidas restritivas 26/02/2021

    26 de febreiro: Empeza a vacinación de traballadores municipais considerados colectivos de risco

    3 de marzo: O concello da Guarda informa dun cribado masivo de control por PCR

    15 de decembro: Recomendacións sanitarias diante do aumento de casos positivos de COVID-19 no Servizo de Saúde da Guarda

    Dende o pasado 13 de marzo e despois de manterse unha reunión entre o equipo do profesorado do Conservatorio de Música Elemental da Guarda e a Concelleira Delegada María Elena Baz, acordouse a suspensión das clases presenciais, manténdose as mesmas en activo de xeito telemático a través de videochamadas nas cales o profesorado está a impartir clases continuando cos mesmos horarios antes da activación do estado de alarma.

    Deste xeito se trata de acadar certa normalidade con respecto á formación musical dos alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, cun contacto directo cos seus profesores, compañeiros e compañeiras de clase e, como non podía ser doutro xeito, cos instrumentos.

    Tal e como se manifestou dende a dirección do Conservatorio, esta experiencia está a dar moi bos resultados, cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos alumnos coma por parte do equipo do profesorado.


     

    • A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de medidas de contención extraordinarias.

    Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.

    O Concello da Guarda vai a priorizar nos servizos de atención ao público municipais a atención de xeito telefónica e telemática, limitando na medida do posible a atención presencial e garantindo a prestación dos diferentes servizos.

    Medidas adoptadas en relación aos espazos municipais e atención ao público:
    • Inclusión de monográficos sobre unha axeitada técnica de hixiene das mans e informacións de interese para evitar posibles infeccións nos espazos municipais que permanezan abertos.
    • Recomendación aos traballadores municipais de extremar as medidas de hixiene.
    • Indicación aos servizos de limpeza a extremar a hixiene dos dos espazos municipais que permanezan abertos.
    • Limitar a presenza de traballadores favorecendo o teletraballo.
    • Na web municipal habilitouse un apartado específico para incorporar todas as recomendacións e informacións de interese de xeito que se dispoña dunha información actualizada.

    Medidas adoptadas en canto ós servizos e actividades:
    • Peche da Rede de Museos Municipal: Museo MASAT do Monte Santa Trega, Museo do Mar e Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.
    • Peche dos centros sociocomunitarios, do Conservatorio Municipal, do Centro Cultural, do Campo de Fútbol da Sangriña, da Piscina Municipal, do Pavillón Municipal e do Albergue Municipal de Peregrinos.
    • Suspensión de todas as actividades culturais, deportivas e, en definitiva, todas aquelas xuntanzas e reunións que non sexan estrictamente necesarias.
    • Suspendense tamén todas as accións formativas e cursos previstos nas vindeiras datas, así coma os procesos selectivos.
    • Suspensión do servizo da Escola Infantil Municipal.
    • Suspensión do mercadillo semanal dos sábados.

    Recomendacións:
    • Recomendación a todos os colectivos sociais, deportivos e culturais a evitar a realización de actividades públicas e o peche dos seus locais.
    • Recomendación a toda a cidadanía de evitar a asistencia aos espazos privados e públicos onde exista concentración de persoas (parques, etc.).

    As medidas adoptadas estarán vixentes dende o venres día 13 de marzo ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. A única execpción é o servizo da Escola Infantil Municipal que permanecerá pechadá a partir do luns día 16 para dar tempo as familias a organizarse.

    Actualización 15 de marzo:

    • A evolución do COVID-19 nos últimos días ten como consecuencia a adopción de novas medidas de contención extraordinarias.

    Responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.

    Novas medidas:
    • Peche dos parques infantís.
    • Peche do Albergue Municipal.
    • Prohibición do acceso aos espazos deportivos ao aire libre: pista de skate, petanca, etc.
    • Peche do Punto Limpo Municipal.
    • O Concello da Guarda enviará aos seus domicilios a todos os traballadores que formen parte dos grupos de risco ou teñan familiares nos grupos de risco.
    • Suspensión do Servizo do Ferry-Boat A Guarda-Caminha.

    Así mesmo, o Concello, despois de ser informados polos párrocos da localidade, traslada que non se van a celebrar funerais, nalgunha parroquia se celebrarán misas con aforos limitados e se dispensa aos feligreses da obrigatoriedade de asistir aos oficios relixiosos.

    O Concello seguirá prestando os servizos básicos á cidadanía e faise un chamamento á comprensión por parte de todos os guardeses e guardesas para facilitar a xestión desta crise.
    As medidas adoptadas estarán vixentes ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19.

    Actualización 16 de marzo:

    O Concello da Guarda informa a cidadanía do seu funcionamento mentras dure o estado de alarma polo coronavirus COVID-19

    O concello da Guarda ven de crear unha Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 formada polo alcalde, os concelleiros do grupo de goberno municipal, un representante do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un representante da Policía Local e a Secretaria Municipal, para coordinar as medidas que sexan necesarias seguindo a evolución do coronavirus COVID-19 e a declaración do estado de alarma.

    Deste xeito adoptáronse, dende este luns día 16 de marzo, as seguintes novas medidas respecto do funcionamento do concello:

    • Suspéndese o servizo de atención ao público presencial nas instalacións municipais
    • Prestarase servizo telemático a través da sede electrónica e correo electrónico.
    • Prestarase servizo a través dos seguintes teléfonos:
    o Consultas xerais en horario de 9 a 14 h 986610000
    o Servizos Sociais en horario de 9 a 14 h 986614507
    o Policía Local 986610025
    o GES (Grupo de Emerxencias Supramuniciapal) 620890902
    • Suspéndese a atención ao publico da oficina de Xestión Triburatia
    • Mantense o servizo de recollida de lixo
    • Mantense a atención a emerxencias en vías e obras e reparacións eléctricas.

    Toda a información estará disponible de xeito actualizada na web municipal www.aguarda.es

    O Concello da Guarda quere destacar que o funcionamento dos servizos de forma telemática e con teléfonos descentralizados nos domicilios dos traballadores é posible grazas a estructura de comunicacións que ten habilitada departamento de Novas Tecnoloxías, agradecendo a colaboración de todo o funcionariado e traballadores municipais para continuar prestando os servizos básicos á cidadanía.

    Lémbrase asemade que están pechados os parques infantís, instalacións deportivas, culturais e de formación.

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Actualización 17 de marzo:

    Actualización 18 de marzo:

     

    Prorrógase durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración de alarma (14/03/2020). Por este motivo non daremos vez para a renovación do DNI ata que remate a crise.

    Non será necesario renovar a damanda de emprego ata o 30 de abril. Por este motivo non haberá acceso ao punto de emprego do concello da Guarda ata o remate da crise. Asimesmo o consello de ministros tou a decisión de prorrogar as prestacións por desemprego de maneira automática mentras dure a crise sanitaria.

    Todas aquelas persoas que teñen que traballar durante o estado de alarma deben levar no seu poder un certificado da empresa para facilitar o traballo á Garda Civil

    O Concello da Guarda ofrece un servizo de “Auxilio aos grupos de risco” a traves dos Servizos Sociais, Protección Civil e a Policía Local. Este servizo ofrécese en colaboración con Avelaíña, Conrazones, San Vicente de Paul, Cruz Vermella e San Xerome. O obxectivo e protexer aos grupos de risco de contaxios e atender as persoas desfavorecidas.

    Máis información en www.aguarda.es

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Actualización 19 de marzo:

    A evolución do COVID-19 nos últimos días supón a adopción de medidas de contención extraordinarias.

    Os responsables municipais están facendo un seguimento en tempo real en base ás recomendacións do Estado, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia para establecer os protocolos a seguir ante a evolución do coronavirus COVID-19.

    Seguindo unha resolución de alcaldía e de acordo co ordenamento xurídico e as recomendacións remitidas pola FEGAMP adoptouse a suspensión das sesións dos órganos colexiados municipais, a excepción da Comisión de Seguimento do COVID-19 ou de calquera outra que poida ser creada ao efecto para a xestión da situación de crise sanitaria.

    Actualización 21 de marzo:

    • Mascarillas, luvas de látex ou equipos de teleasistencia foron doados ao Concello da Guarda por parte de empresas locais para o seu uso na prevención contra o coronavirus.

    • Concello da Guarda recorda extremar as precaucións e pide, especialmente aos grupos de risco, que eviten as saídas da casa e que se precisan calquera cousa que contacten cos Servizos Sociais.

    • Concello establece quendas para a limpeza e desinfección de espazos municipais.

    O Concello da Guarda quere expresar publicamente o agradecemento á solidariedade das diferentes empresas do municipio que están colaborando na doazón de diverso material para o seu uso na prevención contra o coronavirus por parte da Policía Local, GES, Servizos Sociais e o Servizo de Axuda no Fogar. Entre o material doado atópanse equipos de teleasistencia, mascarillas ou luvas de látex, material para facer fronte e previr o contaxio do persoal que presta nestes intres servizos públicos.

    A Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 quere facer un chamamento rotundo á poboación, “NON se pode saír da casa, hai que evitar, na medida do posible, todas as saídas e as probabilidades de contaxio, para vencer deste xeito ao coronavirus e que non se estenda máis”.

    Recórdase que o grupo de risco, formado por persoas de avanzada idade ou persoas con patoloxías complexas e problemas de saúde, son as que deben de evitar a toda costa saír dos seus fogares, e é por iso que, dende o Concello, se pon a disposición deles os Servizos Sociais municipais (horario de 9 a 14 h no teléfono 986 61 45 07) e a colaboración do GES en tarefas de Protección Civil (620 89 09 02), para todas as xestións e tarefas que precisen como: facer a compra, ir á farmacia, entre outras.

    Os corpos e forzas de seguridade do estado, así coma o persoal sanitario, de emerxencias e persoal municipal están facendo unha labor moi importante para manter a seguridade de todos e velar pola nosa saúde, pero advirten constantemente da presenza nas rúas de persoas dos grupos de risco e, “isto non se pode consentir”, é tarefa de todos evitar novos contaxios e a propagación do coronavirus, “por favor, queda na túa casa”.

    O Concello da Guarda ten adoptado medidas en canto á limpeza de espazos públicos e municipais, na xornada deste sábado están previstas varias accións neste senso coma por exemplo as limpezas e desinfección completa da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local e do GES.

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Actualización 23 de marzo:

    Hoxe 23 de marzo de 2020 reuniuse no Salón de Plenos do concello da Guarda a Comisión Municipal de seguimento do COVID-19, para facer unha valoración da situación dos primeiros días da crise.

    Á xuntanza asistiron todos os membros da comisión, sete deles de forma presencial e catro por videoconferencia.

    O Alcalde deu conta aos asistentes das accións e xestións realizadas ata o momento. Enumerou os contactos que se mantiveron, tanto coas administracións, como coas asociacións e responsables locais, falou de como se fixo a desinfección do material de protección e dos medios que o concello ten en stock. Así mesmo enumerou os edificios e vehículos que se desinfectaron o pasado sábado e dos espazos públicos que se desinfectarán durante a semana, desinfeccións que se manterán mentres dure o estado de alarma.

    Informouse tamén doutras medidas como a remaquetación da páxina web, a campaña informativa levada a cabo nos medios de comunicación e nas redes sociais en relación aos servizos no Centro de Saúde, ós Servizos Municipais e outras cuestións de interese para a cidadanía.

    O Alcalde rematou a súa intervención anunciando que nos próximos días se informará sobre o primeiro paquete de medidas económicas do concello, medidas para flexibilizar as débedas coa administración e os prazos de cobro, así como a axilización do pago de facturas a proveedores.

    Pola súa banda, os demais membros da comisión aportaron ideas para mellorar a eficiencia das medidas tomadas, e inclusive se propuxeron novas accións para que o concello mellore o servizo que presta a cidadáns e empresas mentres dure esta situación de confinamento pola declaración do Estado de Alarma.

    Os temas nos que máis se incidiu foi a mellora do servizo de auxilio aos grupos de risco e ás novas recomendacións en relación á prevención de contaxios.

    Como remate da reunión os presentes concluíron que o concello debe prestar toda a axuda posible ás empresas, asociacións, e veciños e veciñas que así o precisen, porque só xuntos seremos capaces de minimizar o impacto desta crise.

    Despois da reunión, o Alcalde púxose en contacto co Servizo de Alerta Epidemiolóxica do SERGAS, onde lle foi confirmado o primeiro positivo por coronavirus covid-19 na Guarda.

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Actualización 24 de marzo:

    • O concello da Guarda adopta o primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma.

    • A súa vez o concello prioriza a tramitación do pago de facturas a empresas e autónomos para dotar de liquedez as mesmas.

    O 14 de marzo declarouse, polo Goberno Central, o Estado de Alarma, inicialmente por 15 días, período que vai ser ampliado ata o 11de abril. Estado de Alarma que é de aplicación a todo o territorio nacional e que se decreta ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo virus COVID-19.

    Ante esta situación de emerxencia sanitaria o concello de a Guarda adoptou unha serie de medidas para afrontar a situación de crise das que se deu traslado aos diferentes grupos políticos. Estamos diante dunha situación excepcional que require de medidas excepcionais, así o Concello da Guarda adopta e fai público o primeiro paquete de medidas de carácter económico que teñen como obxectivo minimizar, na medida do posible, o impacto negativo desta crise na economía de veciños e empresas na súa relación coa administración local.

    Para iso, e despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta as seguintes medidas:

    1.-Axilizar o pagamento ás empresas e subministradores do concello para trasladar liquidez aos mesmos. Este pagamento está xa preparado e estamos en condicións de proceder ao mesmo de xeito inmediato.

    2.-Retrasar a data da domiciliación de diferentes taxas para despois do remate do estado de alarma.

    3.-Ampliar o período de pagamento para a totalidade das taxas e impostos, pasando dun período de 2 meses a tres meses. Retrasar o inicio do imposto de vehículos, que estaba previsto para inicios do mes de abril, ata o 1 de maio.

    4.-Asi mesmo o concello de A Guarda procederá á devolución aos particulares do importe correspondente a servizos que non se realizaron como por exemplo as andainas, pilates ou ximnasia senior.

    5.-Respecto da escola infantil, non se pasará ao cobro o importe polo tempo que permaneza pechada a instalación. Respecto do conservatorio imos esperar ao pronunciamento das autoridades educativas que están tomando en consideración a ampliación do curso lectivo.

    O concello seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19. Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas tamén excepcionais tendo como único horizonte a protección das empresas e dos nos@s veciños e veciñas.

    Descargar Anuncio completo en .pdf

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Manexo do lixo nos domicilios con persoas positivas en coronavirus ou en corentena

    Recomendaciones destinadas al manejo domiciliario de los residuos en hogares con positivos o en cuarentena por COVID-19, así como al manejo domiciliario de los residuos en hogares sin positivos o cuarentena

    1. El manejo domiciliario de los residuos en hogares con positivos o en cuarentena por COVID-19, se recomienda realizarlo conforme a lo siguiente:

    Los residuos del paciente, incluido el material desechable utilizado por la persona enferma (guantes, pañuelos, mascarillas), se han de eliminar en una bolsa de plástico (bolsa 1) en un cubo de basura dispuesto en la habitación, preferiblemente con tapa y pedal de apertura, sin realizar ninguna separación para el reciclaje.

    La bolsa de plástico (bolsa 1) debe cerrarse adecuadamente e introducirse en una segunda bolsa de basura (bolsa 2), al lado de la salida de la habitación, donde además se depositarán los guantes y mascarilla utilizados por el cuidador, y se cerrará adecuadamente antes de salir de la habitación.

    La bolsa 2, con los residuos anteriores, se depositará con el resto de los residuos domésticos en la bolsa de basura (bolsa 3) correspondiente al cubo de fracción resto.

    Inmediatamente después se realizará una completa higiene de manos, con agua y jabón, al menos 40-60 segundos.

    La bolsa 3 cerrada adecuadamente se depositará exclusivamente en el contenedor de fracción resto (o en cualquier otro sistema de recogida de fracción resto establecido en la entidad local).

    En poblaciones con sistemas de separación húmedo-seco o similar, la bolsa 2 se deberá depositar en la fracción que indique la entidad local.

    2. El manejo domiciliario de los residuos en hogares sin positivos o cuarentena, se recomienda realizarlo del siguiente modo:

    La separación de los residuos se realizará como viene haciéndose habitualmente, tratando de maximizar dicha separación al objeto de reducir la fracción resto generada. Las fracciones separadas solo se depositarán en los contenedores correspondientes.

    Los guantes de látex o nitrilo empleados para otros usos no deben depositarse en el contenedor de envases ligeros (amarillo), sino en el de resto.

    Actualización 24 de marzo:

    O Concello da Guarda iniciou a pasada fin de semana unha serie de desinfeccións e limpezas extraordinarias de diferentes espazos públicos e municipais para conter e previr novos contaxios polo coronavirus COVID-19.

    Neste senso o pasado sábado procedeuse ás limpezas e desinfeccións completas da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

    Dende a pasada madrugada unha brigada mixta, na que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda, encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

    Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2(Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

    Preténdese, con desinfeccións que se repetirán de xeito diario e fumigacións semanais, unha acción preventiva para eliminar a posibilidade de contaxio en espazos públicos con importante afluencia de persoas.

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Actualización 25 de marzo:

    Xa non sabedes a que adicar o tempo libre? Saca o investigador que levas dentro!

    Dende o Concello de A Guarda e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, levamos facendo un traballo silencioso durante os últimos anos en favor da conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial. Chegados a este punto, creemos que é o momento idóneo de compartir os resultados con todos vos.

    Hoxe fainos moita ilusión presentarvos o portal ATOPO. E diredes, que diantres é iso? ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

    Atopo é un proxecto vivo, en construción, que día tras día incorpora novos rexistros e que neste momento conta con 707.185, dos cales poderás consultar e, en moitos casos, descargar en formato PDF documentos tales como: o “Expediente de creación da parroquia de Santa Isabel de Camposancos” (1798), o “Expediente de Real cédula de Carlos II que concedeu a este Municipio privilexios sobre os tributos reais” (1669) ou fotografías antigas da Guarda que datan de 1870 en adiante e que foron cedidas por particulares, o cal non cansamos de agradecer. Polo tanto, colle asento e rebusca nun total de preto de 1.500 fotografías en relación co noso concello.

    Lembra que neste metabuscador non so aparecen documentos referidos ao concello de A Guarda (s. XVII-actualidade) e que se tes algunha dúbida ou queres ter máis información podes escribir ao correo: patrimonio@aguarda.es

    Link da páxina: https://atopo.depo.gal/

    Actualización 26 de marzo:

    Estamos contigo, la violencia de género la paramos unidas

    El Ministerio de Igualdad, en colaboración con la Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género, ha puesto en marcha un Plan de Contingencia contra la Violencia de Género ante la crisis del COVID19, aprobado en Consejo de Ministros el pasado 17 de marzo. Entre las medidas impulsadas desde este plan, se encuentra la realización de una campaña institucional para la prevención de la violencia machista.

    Actualización 28 de marzo:

    O Concello da Guarda informa sobre accións con cans e colonias felinas durante o estado de alarma

    Sacar a pasear os cans

    Recomendase paseos curtos, só para cubrir as necesidades fisiolóxicas, sen contacto con outros animais ou persoas.

    Levar unha botella de auga con deterxente ou lixivia para limpar posteriormente as mexadas e unha bolsa para recoller as defecacións.

    Prioriza os horarios de menor afluencia

    Alimentación de colonias felinas

    Para garantir o benestar dos animais autorízase a súa alimentación, debendo solicitar unha autorización no concello para realizar o desprazamento a través do teléfono 986 61 0000.

    Aconséllase espazar no tempo os desprazamentos, priorizando os horarios de menor afluencia.

    A Guarda Covid Makers comeza a colaborar na fabricación de máscaras de protección

    Os makers da Guarda xa están colaborando con pantallas para tod@s @s que as precisen mediante a colaboración entre o Concello da Guarda e o IES A Sangriña, se puxo a disposición os equipos de impresión 3D para a realización de máscaras de protección sanitarias.

    Dende o vindeiro luns empezaránse a distribuir de xeito gratuito.

    Se estás interesad@ podes ampliar información no Concello da Guarda no 986 61 0000

    Actualización 29 de marzo:

    Guía de boas prácticas no sector comercial

    Descargar Guía aquí

    O Concello da Guarda deu conta nunha Xunta de Portavoces das medias adoptadas polo COVID-19

    Na mañá do sábado día 28 de marzo o Salón de Plenos acolleu unha Xuntanza de Portavoces na cal o alcalde, Antonio Lomba, e a tenente de alcalde, Montse Magallanes, deron conta das diferentes medidas adoptadas polo COVID-19 no municipio, así como todas as accións para evitar novos contaxios e para a súa prevención.

    Neste senso o Alcalde da Guarda informou sobre os diferentes contactos mantidos coas administracións, asociacións, colectivos, empresas entre as que destacan a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Subdelegación do Goberno, a Guardia Civil, Cruz Vermella, Conrazones, Avelaíña, San Xerome, San Vicente de Paúl, Residencia Santa Tecla, o Centro de Saúde da Guarda, usuarios do Servizo de Asistencia no Fogar, Equipos directivos de centros educativos, Servizo de alerta epidemiolóxica (SERGAS), Supermercados, Comandacia Naval do Miño, Confraría de Pescadores, Párrocos, Presidente da Cámara de Caminha, así como alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

    Deuse conta da distribución e stock actual dos Equipos de Protección Individual(EPI´S) e dos materiais de protección a disposición dos servizos municipais, GES da Guarda, a Policía Local e Servizo de Axuda no Fogar(SAF). Material que o concello pon a disposición das empresas e institucións que poidan necesitalo. Entre este material se atopan mascarillas FFP2, FFP1 e quirúrxicas, guantes, gel hidroalcohol, traxes impermeables, etc.

    Novamente se quere agradecer o traballo e a colaboración de diferentes empresas locais que dende o inicio desta crise colaboraron de xeito desinteresado aportando material de protección para os Servizos dependentes do Concello, falamos de empresas como: Portalmatic, Marengo Cosmética Profesional, Recambios la Guardia, Clínica López Sousa, Tenda Porlospelos, Coser y Cantar, Instituto dental Campos, Electrónica Eutimio, Clínica Dental Marina Obispo, Clínica Dental Rosa Mª Coedo, Clínica Dental Barros y Carrero, Clínica Obispo, Panadería Morales, entre outras.

    Antonio Lomba deu conta tamén dos traballos de desinfección que se están a acometer en diferentes espazos e infraestruturas sensibles como da Praza de Abastos Municipal, das instalacións da Policía Local, do GES, de Servizos Sociais, as instalacións do vello edificio do Concello, do Novo e dos vehículos municipais. Estes espazos serán desinfectados de xeito semanal, ao igual que os vehículos da Policía Local, do GES e os de vías e obras.

    No apartado de limpeza e desinfección, actúan cada día brigadas nas que participan traballadores municipais, membros do GES e da Comunidade de Montes da Guarda. Encárganse de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, coma por exemplo, o Centro de Saúde, entorno de supermercados e áreas comerciais, estancos e farmacias, Praza de Abastos, así coma os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros.

    Estas accións de desinfección e limpeza recomendada, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, seguen un protocolo establecido con produtos virucidas autorizados de nivel TP2 (Desinfección de superficies e área, uso ambiental).

    Nesta Xunta de Portavoces tamén se informou da distribución de alimentos a persoas dos grupos de risco, un traballo que se está coordinando dende Servizos Sociais coa colaboración do GES e grupos de voluntarios, atendendo a un total de 50 familias, aportando alimentos perecedoiros procedentes do banco de alimentos e alimentos frescos aportados polo concello.

    Antonio Lomba insistiu na gran difusión de informacións e recomendacións de interese para a cidadanía a través da páxina web municipal, que foi remaquetada e adaptada, así como a través das diferentes redes sociais municipais e o gabinete de comunicación e medios de prensa. Neste senso se teñen realizado accións de comunicación sobre a Atención no centro de saúde, medidas preventivas, información sobre os servizos municipais e atención, transporte público, xulgado de paz e fronteiras, posta en marcha do auxilio a grupos de risco, renovación do DNI, demanda de emprego e certificados de empresa, tratamento de lixo de persoas con positivo ou con síntomas, información do CIM sobre contactos de atención á muller, información sobre garda e custodia de menores, información sobre cans e colonias felinas, entre outras.

    Deuse conta ademais do primeiro paquete de medidas económicas con motivo da alarma polo virus COVID-19 para que ningún veciño da localidade teña que facer fronte a pagamentos ao concello mentres dure o estado de alarma e priorizar o pago a proveedores para dotar de liquidez ás empresas.

    Informouse da posta en marcha de A Guarda Covid Makers, unha iniciativa en colaboración co IES A Sangriña e veciños e veciñas con coñecementos en impresión 3D, para a confección de máscaras de protección, que se empezarán a distribuir entre as persoas que as precisen a partires deste luns•

    A Colaboración cidadá está sendo esencial para favorecer a atención ás persoas dos grupos de risco, púxose en marcha un servizo de voluntariado a través da OMIX e Servizos Sociais para axudar nestas tarefas ás persoas que o soliciten.

    Para levar mellor o confinamento se informou da posta en marcha do portal de patrimonio ATOPO, realizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e no que se poden consultar numerosos arquivos históricos e fotografías da Guarda, unha maneira máis de entretemento para a cidadanía e de posta en valor do patrimonio material e inmaterial da nosa vila.

    Tamén se ten informado aos usuarios da Biblioteca Pública Municipal da existencia da Plataforma en Liña GaliciaLe, onde se poden atopar e descargar numerosos libros, audios e videos.

    Nesta vindeira semana informarase á cidadanía das empresas e postos da Praza de Abastos que están ofertando o servizo de entrega a domicilio, para evitar deste xeito os desprazamentos na medida do posible e facilitar as compras de alimentos frescos á poboación.

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    Actualización 1 de abril:

    Guía de boas prácticas no sector comercial actualizada

    Descargar aquí

    Actualización 3 de abril:

    O Concello da Guarda convida a todos os veciños e veciñas a tomar parte da iniciativa “Participa compartindo”

    O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que podades compartir as vosas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir.

    – CREACIÓN DE CURTAMETRAXES
    Grava e comparte nas túas redes sociais a túa propia curtametraxe de temática libre. Os únicos requisitos para a súa elaboración serán que dure como máximo 3 minutos e que a graves dentro do recinto da túa casa.
    Comparte nas túas redes sociais co cancelo #NaCasaEstamosDeCine
    *As 10 curtametraxes de maior calidade serán proxectadas nun acto no Centro Cultural cando todo isto remate

    – FOTOGRAFÍA
    Fotografía aquilo que máis te guste da túa casa: o que miras desde a túa ventá, algún recuncho especial para ti, ás túas mascotas, etc.
    Comparte nas túas redes sociais co cancelo #MiñaCasiñaMeuLar

    – O/A ARTISTA QUE LEVAS DENTRO
    Grava un vídeo ou audio no que mostres as túas habilidades artísticas bailando, tocando un instrumento, facendo un monólogo, contando un chiste, cantando, etc.
    Comparte nas túas redes sociais co cancelo #ArtistaQueLevasDentro

    – CÓNTAME UN CONTO
    Grava un vídeo ou audio contando o que che apeteza: unha historia antiga da Guarda, un conto ou simplemente comparte o que estás a vivir neste momento.
    Comparte nas túas redes sociais co cancelo #ContameUnConto

    *Poderedes seguir compartindo as vosas creacións ata a finalización do Estado de Alarma
    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

    A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da Guarda

    As xestión feitas entre alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitan que, o venres 3 de abril, integrantes da Brilat se trasladaran Á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Tecla.

    Esta operación forma parte da Campaña de desinfección masiva das residencias e centro de maiores que as Forzas Armadas están realizando en coordinación coa delegación do Goberno en Galicia.

    Dende o concello da Guarda e a dirección co centro de maiores agradecen o traballo realizado, que se suma ao protocolo de seguridade e prevención que se realiza dende a propia residencia. Dende que comezou o estado de alarma o concello ven prestando especial atención a este centro ao que ofreceu a súa total colaboración.

    Asi mesmo a direccción do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai caos de contaxio e que se están a tomar todas as medidas de prevención posibles para cuidar dos nosos maiores.

    Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración

     

    Actualización 4 de abril:

    Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

    O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica.

    Sendo conscientes de que esta situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, pretendemos minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer.

    Como un dos colectivos máis vulnerables, consideramos primordial que as familias do PEAF sigan atendidas, tendo en conta máis que nunca as súas necesidades, acompañando e cooperando ao máximo neste momento que todos e todas estamos vivindo.

    AXUDA PSICOLÓXICA FRONTE AO CORONAVIRUS – COVID19 PARA O PERSOAL TRABALLADOR

    A evolución da situación actual pode influír no estado emocional das persoas, sobre todo dando lugar a condutas de alerta pouco eficaces a nivel persoal e social. Por este motivo o Concello pon a disposición dos profesionais que estean traballando nestes momentos no ámbito sanitario, educativo, Forzas e Corpos de seguridade ou atención a persoas unha acción encamiñada a promover un afrontamento psicolóxico adecuado a esta situación de crise.

    Este recurso está destinado a dar apoio e ferramentas que axuden a soportar as situacións de intenso traballo, esgotamento físico e emocional e elevada incerteza que esta situación está provocando, coa intención de poder axudar a xestionar o malestar psicolóxico actual, previndo o desenvolvemento de problemas psicolóxicos futuros

    EN QUE CASOS BUSCAR AXUDA PROFESIONAL?

    Os profesionais que sintan un nerviosismo abafante, unha tristeza persistente ou outras reaccións prolongadas que afecten negativamente ao seu desempeño laboral ou relacións interpersoais, poden consultar cun profesional da saúde mental que o Concello porá a súa disposición dun xeito gratuíto.

    Teléfono para atención psicolóxica ao personal traballador fronte ao COVID 19

    Os teléfonos a través dos cales podes contactar para solicitar unha cita de asistencia psicolóxica son o 680 187 937 (educación familiar) e o 986 614 507 (servizos sociais).

    – Luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h.

     

    A Consellería de Sanidade fai un chamamento á cidadanía galega para que utilice de xeito responsable o teléfono gratuíto 900 400 116 como número exclusivo de atención a todas as consultas relacionas co coronavirus. Esto inclúe tanto as solicitudes de información como as consultas daquelas persoas que teñan síntomas leves de coronavirus e que estiveran nunha zona de risco ou tiveran contacto estreito cunha persoa que dera positivo en coronavirus.

    O día 11, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xestiona ambos os dous números de teléfono, atendeu 5.392 chamadas de demanda sanitaria procedentes dos teléfonos 061 e 900 400 116. Trátase do número máis alto de chamadas atendidas desde a creación da Central de Coordinación no ano 1995. Se atendemos ás chamadas relacionadas co coronavirus, no número 061 atendéronse 1.258 chamadas e no 900 400 116 foron atendidas 588.

    Reforzo técnico e persoal

    Así, a Consellería de Sanidade está a reforzar de xeito inmediato e progresivo o número de liñas telefónicas destinadas ao 900 400 116 aumentando desde as 40 liñas con que conta actualmente ata as 100. Do mesmo xeito, na Central de Coordinación, que, ao inicio da semana, xa aumentou o persoal de operación telefónica en tres teleoperadores por quenda, engadirá outros catro novos teleoperadores por quenda de xeito inmediato, pasando de nove teleoperadores a 16. Tamén se incrementou o número de médicos que pasaron de sete a 10 e de enfermeiros que aumentaron dun enfermeiro a catro.

    Cando vostede chame ao 900 400 116 será atendido por persoal teleoperador que lle realizará un interrogatorio telefónico para establecer a prioridade da súa chamada. No caso de que non presente síntomas de coronavirus, o teleoperador derivaralle a unha locución informativa con recomendacións para evitar o contaxio por coronavirus. No caso de consideralo necesario, será atendido por persoal médico ou enfermeiro que daralle instrucións sobre como actuar.

    Deste xeito, o 061 manterase como o teléfono exclusivo para a atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias en Galicia. Calquera persoa que se atope nunha situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, deberá chamar ao 061, onde será atendido por persoal médico e enfermeiro especialista na atención a este tipo de situacións.

    Recomendacións

    A Consellería de Sanidade quere recordar que, a día de hoxe, a Comunidade Autónoma de Galicia conta cunha das taxas máis baixas de persoas infectadas polo coronavirus a nivel nacional e reitera, unha vez máis que o novo coronavirus transmítese principalmente por vía respiratoria e polo contacto directo con secrecións respiratorias. Na maioría dos casos, a infección por este virus é similar a un arrefriado común.

    Para evitar un posible contaxio, vostede debe seguir as seguintes recomendacións:
    – Lávese as mans frecuentemente con auga e xabón.
    – Evite tocarse os ollos, o nariz e a boca se non ten as mans limpas.
    – Se tose ou espirra, cúbrase a boca e o nariz co cóbado ou use un pano de papel e tíreo inmediatamente a unha papeleira. Despois, lávase as mans.
    Ademais, non se recomenda o uso de máscaras como medida de protección en persoas sas.

    No caso de que vostede teña febre, tose ou dificultade respiratoria e estivera nunha zona de risco ou tivera contacto estreito cunha persoa que dera positivo en coronavirus, chame ao 900 400 116. Tras o interrogatorio telefónico, valorarase a necesidade de ser atendido por un médico ou un enfermeiro que lle dará ás instrucións a seguir.

    Tag:A Guarda, coronavirus, sanidade

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A programación do Nadal continúa esta semana na Guarda con actuacións, obradoiros e concertos
    15 Decembro, 2021

    Seguinte nova

    Peche temporal do Albergue Municipal da Guarda
    15 Decembro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A Unidade Móbil de inspección técnica de turismos estará na Guarda no mes de maio
      A Unidade Móbil de inspección técnica de turismos estará na Guarda no mes de maio
      23 Marzo, 2023
    • Convocatoria de Pleno Extraordinario Urxente o luns 13 de marzo
      7 Marzo, 2023
    • A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do venres 10 ao sábado 11 de marzo
      A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do venres 10 ao sábado 11 de marzo
      2 Marzo, 2023

      3 Comentarios

    1. XERMAN CORDERO VERDE
      24 Marzo, 2020
      Responder

      Boas noites se necesita o reforzó de desinfección das rúas e dos colectores dos loco principal.

      Máis reforzó da PL o da Guardia Civil para prohibir os paseos Pola Estrada de circunvalación ata a os Pechos.

      E por último megafonía polas rúas sobre todo pola zona de salcidos a ganda a cruzada e A Guardia

      Gracias

    2. Javier
      3 Abril, 2020
      Responder

      Somos moitos os Guardeses que estamos fora nestas datas, e que nos gustaría estar ahí, máis preto da nosa xente. O único que podemos e falar con eles por teléfono, pero non hai máis novas que as que se miran nas noticias, e claro, da Guarda non se fala nada. Desde o día 23 de marzo, que me chegou o comunicado de alcalde confirmando o primeiro caso, é imposible atopar datos sobre a evolucion do virus no pobo, nin na comarca do Baixo Miño. Poderiades, ó menos unha vez por semana, facer un pequeno comunicado, informando desta evolución. Moitas gracias!

    3. Margarita Paulos
      25 Maio, 2020
      Responder

      Es increíble! De qué nos sirve saber lo que hizo el Concello a toro pasado? Queremos saber lo que pasa esta semana. Playa sí o playas no? Con cita previa o no? Cosas prácticas señores

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web