A película “Honeymoon” chega á Guarda para iniciar o ciclo de cinema “made in Galicia”
Este xoves comeza o ciclo de cine galego, con películas “made in Galicia” que acadaron ser finalistas en diferentes categorías dos Premios Mestre Mateo.
A idea do presente ciclo é amosar unha escolma dos títulos mais recentes no audiovisual galego, un sector en auxe, que cada vez defende maiores propostas de calidade e abrindo as súas producións a temáticas do mais diversas.
A primeira das proxeccións lévanos a un thriller gravado por diferentes puntos da xeografía galega, como Santiago ou Arteixo. Nathalie Poza e Javier Gutiérrez representan en “Honeymoon” un matrimonio en destrución, a quen xa non lles une nada.
Unha circunstancia inesperada lles leva a emprender unha viaxe, tanto a nivel xeográfica como emocional, co fin de conseguir os cartos para remediar unha situación que lles cambiou a vida.
“Honeymoon” obtivo ata 10 nomeamentos nos Premios Mestre Mateo 2025: actor protagonista, actor de reparto, longametraxe, dirección, guión, dirección de fotografía, montaxe, vestiario e son.
A aclamada película que mestura drama, thriller e comedia negra, proxectarase de balde no Centro Cultural da Guarda este xoves 22 ás 20:30h.