(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Desenvolvemento local

    • Home
    • Desenvolvemento local
    • Aberto o prazo para anotarse ao plan de formación aberto impulsado por Orpagu e o Concello da Guarda

    Aberto o prazo para anotarse ao plan de formación aberto impulsado por Orpagu e o Concello da Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Desenvolvemento local
    • Date 16 March, 2022

    ● O plan refrenda o compromiso da Organización de Palangreros Guardeses coa súa localidade, promovendo a formación específica necesaria para xerar emprego estable e de calidade.
    ● Antonio Lomba, alcalde da Guarda, valora moi positivamente esta iniciativa de Orpagu que ofrecerá oportunidades a quen poida acceder á formación
    ● Os participantes nestes cursos de formación gratuítos entrarán a formar parte dunha bolsa de traballo, da que se nutrirá a organización para os empregos que xere a súa planta de Tui.

    Fieis ao compromiso social adquirido coa súa localidade, a Organización de Palangreros Guardeses impulsou sete cursos dentro dun plan de formación específico aberto a todas e todos os guardeses para o que conta coa colaboración económica do Concello da Guarda. Precisamente, o Concello da Guarda empregará a Líña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para financiar este proxecto coa cantidade de 6.000 euros, “para que a poboación guardesa teña unha opción real de acceso ao emprego”, sinalan dende a Alcaldía.
    Unha aportación que dende a organización de palangreros valoran de forma significativa ao tempo que destacan a inestimable colaboración do Concello con esta iniciativa. Unha cooperación que, en palabras do presidente da organización, Joaquín Cadilla, “foi exemplar dende o primeiro día”.

    Os cursos de “Almacenaxe en frío”, “Manipulador de alimentos e APPCC”, “Carretilleiro”, “Prevención de riscos en cámaras frigoríficas”, “Seguridade Alimentaria e alérxenos”, “Limpeza e Desinfección” e “Boas prácticas de manipulación” desenrolaranse entre as 9:00 e as 14:00 horas e terán lugar, en diferentes datas, entre o 30 de marzo e o 20 de xuño. Todos os cursos serán impartidos na sede da Organización de Palangreros de A Guarda (Manuel Álvarez, 16 baixo), a excepción do curso de carretilleiro, que impartirase en formato on-line a parte teórica e nas instalacións de Herrajes Martínez, a parte práctica.
    As persoas que conclúan con éxito os cursos formarán parte da bolsa de traballo da que Orpagu nutrirase para conformar a plantilla da planta frigorífica que está construíndo en Tui. A planta estará plenamente operativa en 2022 e creará ao redor de 30 postos de traballo. Os inscritos nos cursos de formación que queden fora dos postos ofertados por Orpagu gozarán desa formación gratuíta, que lles permitirá acceder a empregos noutras empresas do sector, cuxa demanda de traballadores ten aumentado nos últimos anos.
    Aínda que este plan formativo está aberto para todas as persoas interesadas, nos criterios de selección priorizarase que sexan naturais da Guarda, cumprindo desta forma cun dos preceptos da FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) que apoia os proxectos que creen emprego e melloren a calidade de vida da poboación no litoral.
    A inscrición nos cursos realizarase só a través da páxina web de Orpagu (www.orpagu.com), cuxo formulario de inscrición habilitarase nos próximos días.
    A nova planta, infraestrutura necesaria para seguir crecendo
    Cunha inversión de seis millóns de euros, a planta e centro de I+D está emprazada no parque empresarial de Areas, cunha estratéxica situación polo seu acceso directo á A55 e á Vía Tui-A Guarda. A nave albergará un almacén frigorífico con capacidade para 3.000 toneladas de pescado e unha aula de experimentación para traballar en novos produtos e formatos coa intención de chegar ao maior número de consumidores posible.
    Este proxecto da Organización de Palangreros Guardeses ten coincidido no tempo con seu 25 aniversario e dado o seu custe e obxectivos conta con financiación europea e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

    Táboa de cursos, datas e número de horas:

    CURSO HORAS DATA HORARIO
    Almacenaxe en frío 10 30 e 31 de marzo  

    De 09:00 a 14:00

    Manipulador de alimentos e APPCC    5  

    5 de abril

     

    De 09:00 a 14:00

     

    Carretilleiro

    10 Teoría: 18 ao 20 de abril Práctica: 22 de abril  

    De 09:00 a 14:00

    De 08:00 a 14:00

    Prevención de Riscos  en cámaras frigoríficas   4 4 de maio  

    De 09:30 a 13:30

    Seguridade Alimentaria e en  alérxenos   5 23 de maio De 09:00 a 14:00
    Limpeza e desinfección   2 7 de xuño De 09:00 a 11:00
    Boas prácticas de manipulación   4 20 de xuño De 09:00 a 13:00

    Tag:A Guarda, Emprego, Formación, ORPAGU

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Porto da Guarda acolle este sábado a regata XXI Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonino Torrón
    16 March, 2022

    Next post

    O Camiño Portugués da Costa pola Guarda estrea nova marca
    18 March, 2022

    You may also like

    • A Guarda informa ás peixeiras sobre as axudas FEMPA
      12 March, 2025
    • O alcalde da Guarda mostra o seu apoio ao sector do taxi ante o aumento das súas pólizas
      25 February, 2025
    • Novos 10 postos de traballo no Concello da Guarda co Plan +Provincia
      12 February, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy