As Xornadas Instrumentais Eurocidade ofrecen este sábado Masterclass en saxofón e clarinete
A Guarda continúa este sábado acollendo as Xornadas Instrumentais Eurocidade. O pasado sábado, músicos da Guarda, Caminha e O Rosal desfrutaron das masterclass de Hansel Luis Diez e de José Antonio González Guevara.
Ambos músicos compartiron o seu talento en vento metal e percusión respectivamente co alumnado. Para rematar a xornada, celebrouse unha audición final no Centro Cultural, onde algúns dos alumnos atrevéronse con solos diante dun público que tamén se sumou á música con palmas.
Para este sábado 14 de decembro están programadas outras dúas masterclass:
- Clarinete con Asterio Leiva Piñeiro; na Casa dos Alonso de 10 a 14 horas
- Saxofón con Rafael Yebra Rivera; no Centro Cultural de 10 a 13 horas e de 15 a 18 horas
Poden inscribirse todos os músicos e músicas dos concellos da Guarda, Caminha e O Rosal, e o de outros concellos como oíntes. Para apuntarse hai que encher o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfoPaY-ljHZhDVKS60mTEPusWI0UWu6CozNClwl8jS6vXTbuA/viewform
Este proxecto está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.