(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda pecha un verán cheo de eventos, con éxito organizativo e boa acollida do público

    A Guarda pecha un verán cheo de eventos, con éxito organizativo e boa acollida do público

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Xerais
    • Date 14 September, 2017

    A piques de rematar o estío, e aínda que quedan festas patronais e eventos por celebrar, dende o Concello da Guarda desexamos por en valor a programación cultural, deportiva e gastronómica que encheron a vila durante este verán, dedicando un agradecemento especial ás persoas que gozaron dela e ledamente nolo fixeron saber.

    Respecto dos eventos organizados polo Concello, veciños e visitantes recoñeceron a calidade dos eventos que, como os concertos de “Noites no Castelo”, o espectáculo circense “Pistactiva” ou as visitas teatralizadas polo casco histórico, concentraron a centos de persoas que, ademais de desfrutar, fixéronnos chegar o seu agrado.

      Outra das citas cun grande acollemento organizada polo Concello foi “Música nas prazas”, cuxo público medrou con respecto ao ano pasado. Nesta segunda edición da programación guardesa que apoia aos músicos e bandas musicais da nosa vila, os sons chegaron á praza do Castro, a praza da Guía e a Praza do Reló, namentres a cita na praza de San Marcos tivo que ser trasladada ao Centro Cultural pola chuvia. A praza da Gándara será o último escenario desta segunda edición de “Música nas prazas”, contando coa actuación de Argonat Band ás 21:00 horas deste venres 15 de setembro.

      Mais este verán intenso e cunha axenda cultural e deportiva repleta e de referencia na comarca, non sería o mesmo sen os numerosos eventos organizados por asociacións culturais e deportivas da Guarda. Cunha excelente organización, e contando coa colaboración do Concello, os eventos das asociacións concentraron un aforo máis que salientable, feito que confirma o auxe da oferta cultural guardesa e a boa acollida por parte do público.

      Compre ter en conta, igualmente, as festas gastronómicas. Milleiros de persoas, entre visitantes e veciños, degustaron os manxares da nosa vila durante as celebracións culinarias nas que as materias primas do noso mar e terra (langosta e peixe espada, entre outras) servíronse en variedade de preparacións, dispoñibles durante todo o ano nos excelentes restaurantes da Guarda. As delicias ao padal foron acompañadas por actuacións musicais e outras actividades lúdicas que encheron as carpas.

         

        Con orgullo debemos nomear, ademais, as nosas festas patronais e populares, numerosas a pesar de ser unha pequena vila e cuxa continuidade debemos agradecer as súas respectivas comisións: as Festas de San Antonio, da Virxe do Carmen, San Caetano, San Roque, da Virxe da Guía e das Mercedes, así como as populares Festas do Monte. Non debemos esquecer, con todo, as meritorias Alfombras Florais que con tanto agarimo elaboran as nosas veciñas e veciños na celebración do Santísimo Sacramento.

        Xa por último, desexamos salientar o traballo e dedicación do persoal do Concello da Guarda nos eventos, tanto nos de organización propia como naqueles nos que prestou o seu apoio ás asociacións. A riqueza cultural, deportiva e gastronómica que caracterizou o noso verán non tería sido posible sen o esforzo dos operarios na montaxe dos palcos e a distribución do material de préstamo, o servizo eléctrico e os de son e luces que cobren os eventos; a eficiencia do servizo de limpeza, tendo en conta as dificultades coas que se topa para poder recoller os desfeitos derivados das numerosas celebracións; e, por suposto, o departamento de Cultura e as súas técnicas, cuxa labor de coordinación fai posible que A Guarda estea moi viva, para goce de todos, durante todo o ano.

         

        Tag:cultura, Festas patronais, gastronomía, Noites no Castelo, Pistactiva, verán, Visitas teatralizadas

        • Share:
        prensa

        Previous post

        A Guarda e Caminha organizan unha andaina polas fortalezas do Baixo Miño este sábado
        14 September, 2017

        Next post

        Bases de selección para a contratación dun/unha profesor/a de gaita no Conservatorio
        14 September, 2017

        You may also like

        • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
          13 April, 2026
        • A Agrupación Musical da Guarda arranca o seu programa ‘Concerto nas parroquias’
          11 April, 2026
        • ‘Retablo de esperpento’ funde dúas obras de Valle-Inclán na Guarda
          9 April, 2026

        Search

        Categories

        • General
        • Highways and works
        • Tourism
        • Uncategorized
        • Women

        Rebulindo

        • Móvete (Actividade física)
        • Lemos Xuntos?
        • Dalle ó Play
        • Coñece a vila!
        • A vida é xogo
        • Acion (Formación)
        Logo Concello de A Guarda

        (+34) 986 610 000

        (+34) 986 610 283

        alcaldia@aguarda.es

        MOBILE APP

        You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

        A Guarda IOS application
        A Guarda Android application

        Council

        • Write to the Mayor
        • Schedules of Interest
        • Sede Electrónica
        • Whistleblowing channel

        Información

        • Associations and Groups
        • Phones of interest
        • Emergency Pharmacy

        Recommended

        • Events
        • News

        © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

        • Legal notice
        • Política de cookies
        • Privacy Policy