Música, Visita de Papá Noel e Carreira de San Silvestre para a véspera da Noiteboa na Guarda
O sábado 23 de decembro concentrará na Guarda unha chea de propostas ao longo do día para tódolos gustos e idades
Sen dúbida o vindeiro fin de semana é cando se concentra o núcleo do Nadal ao celebrarse o domingo e o luns a Noiteboa e o Nadal. É por iso que ao longo do sábado 23 multiplícaranse na nosa vila pensadas para tódolos públicos tanto en idade como en gustos.
O día comezará ás 11h. da mañá coa Carreira de San Silvetre, que partindo do Porto da Guarda, fará un percorrido de 4 kilómetros, apto para que poida participar todo aquel que o desexe, ademais terá un percorrido paralelo de 3 kilómetros en formato andaina. A carreira e andaina están abertos a tódalas idades e os interesados poden anotarse a través do QR do cartel ou o mesmo día 23, antes da carreira no Porto. Este evento está organizado polo Concello da Guarda e a Sociedade Atlética do Trega
Paralelamente outro cita deportiva terá lugar no Estadio do Trega, o I memorial Daniel González Adrover, campionato de fútbol gaélico que se disputará entre as 11 e as 14h. No Estadio Municipal da Sangriña
Mais será cara ao medio día, entre ás 12h. E as 14h. cando o protagonista destas festas faga a súa presenza na Praza de Avelino Vicente: Papá Noel xunto os seu elfos ocupará a carpa situada en Avelino Vicente para recibir aos nenos, escoitar os seus desexos e comprobar se son merecedores dos agasallos que pediron. Recollerá as cartas dos mais pequenos para poder cumprir con todos os pedidos, mais haberá que ter coidado co Grinch, que ten pensado acudir atá aló para facer das súas, coidado rapaces!
Por último para pechar o día e xa á tardiña o grupo Awen, ofrecerá un concerto na mesma carpa de Avelino Vicente ás 20h. coas mellores versiones de soul, blues, pop e rock.
Toda esta programación estará aderezada coa decoración do Nadal nas Prazas que as asociacións da Guarda engalanaron nas localizacións de Avelino Vicente, San Benito, Rúa Galicia, Praza da Guía, O Coruto, etc e a Ruta dos Belenes que mans de diferentes particulares pode admirarse ata en dez portais e espcaparates entre a Rúa do Porto e o colexio dos PP Somascos.