(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O “Entroido dos coles” inicia as celebracións do Entroido 2017 na Guarda

    O “Entroido dos coles” inicia as celebracións do Entroido 2017 na Guarda

    • Posted by Concello
    • Categories Cultura
    • Date 24 February, 2017

    Este venres 24 de febreiro, pola mañá, deron comezo na Guarda as celebracións do Entroido 2017. Ás 12 horas tivo lugar a primeira das actividades programadas para estes días de festa, na que os protagonistas foron os alumnos e alumnas dos centros escolares.

    Este venres 24 de febreiro, pola mañá, deron comezo na Guarda as celebracións do Entroido 2017. Ás 12 horas tivo lugar a primeira das actividades programadas para estes días de festa, na que os protagonistas foron os alumnos e alumnas dos centros escolares.

    No “Entroido dos coles” deste venres, os cativos e cativas realizaron un desfile polas rúas da Guarda para amosar os seus disfraces a tódolos veciños e veciñas. O desfile comezou na Alameda e percorreu a rúa de Galicia ata chegar á Esquina do Galo. Entre os participantes puidéronse ver traxes en homenaxe a diferentes artistas como Dalí ou Velázquez, pescadoras/os cos seus produtos do mar, disfraces inspirados en ‘Charlie e a fábrica de chocolate’ e unha gran variedade de froitos da horta como millo, patacas, cenorias, tomates, chícharos, etc. xunto aos granxeiros e granxeiras, entre outros.

    Deste xeito os nenos e nenas da vila quentaron motores para os seguintes días de festa e as numerosas actividades que dende o concello propoñen. Mañá, día 25, celébrase o “Sábado da mocidade”. A primeira cita do día será ás 17,30 horas no Centro Cultural, coa proxección do filme Vicky El Vikingo, á que os nenos e nenas poden acudir cos seus disfraces. Pola noite a Carpa da Alameda acollerá, ás 23,30 horas, o concerto do grupo pontevedrés Gold and Colt, tras o cal terá lugar á 1 da madrugada a gran novidade deste ano: o Concurso Drag Queen Guardés. Ó rematar o concurso, celebrarase a “Festa hortera” con DJ Celig.

    O seguinte día, domingo 26 de febreiro, continúa a festa co “Día das familias” e a actuación da orquestra Carambola na Carpa da Alameda ás 18 horas.

    O luns de Entroido, día 27 de febreiro, haberá un Obradoiro de Máscaras e Pintacaras na Biblioteca Municipal ás 11,30 horas. Pola tarde, ás 18 horas na Carpa da Alameda, terá lugar o concerto do Trío Refugallo, un grupo de música tradicional infantil. E a partir das 19,30 horas continuará a festa coa Orquestra Estelares.

    O entroido guardés vivirá o seu último e máis importante día o martes día 28, co Desfile de Entroido. Neste desfile-concurso os participantes percorrerán as rúas guardesas coas súas carrozas e comparsas. A saída do desfile será ás 17,30 horas da Esquina Famosa e despois haberá festa coa Charanga Os Charamujas, que xa irán acompañando o propio desfile.

    Ademais, dende este venres e ata o martes 28 de febreiro, sete restaurantes da Guarda ofrecen un Menú de Entroido tanto para o xantar como para a cea, a 15 euros. Arruaz, Brisamar, Camping Santa Tecla, La Pizzicata, Novo Funil, Xantar e Xeito son os restaurantes da Guarda que ofrecen este menú composto por un primeiro prato de caldo, un segundo de lacón con grelos e unha sobremesa tamén típica nestas festas: filloas ou orellas de Entroido, no que están incluídos viño e café.

    A música, os disfraces, a comida e a festa xúntanse estes días na Guarda para que veciños, veciñas e visitantes vivan un entroido inesquecible.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    Ábrese o mércores 1 de marzo o prazo para pedir cita para a renovación do DNI nos meses de abril, maio e xuño de 2017 na Guarda
    24 February, 2017

    Next post

    A Guarda asistió en Madrid a la reunión de la Red Española de Destinos EDEN
    3 March, 2017

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy