(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    CIM (Centro de inform. á muller)

    • Inicio
    • Servizos municipais
    • Servizos sociais
    • CIM (Centro de inform. á muller)
    • Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz) , A Guarda, CP 36780
    • Teléfono: 986 614 648
    • Email: muller@aguarda.es
    • Fax: 986 610 283
    • Horarios:
    • Traballadora social: de Luns a Venres de 8:00 a 15:00 hrs.
    • Psicóloga: Martes de 16:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
      Mércores e Xoves de 9:15 a 13:45 hrs. (con cita previa)
    • Asesora Xurídica: Luns de 17:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
      Martes e Mércores de 16:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
      Xoves de 14:00 a 17:00 hrs. (con cita previa)
    • Psicólogo infantil: Luns de 16:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)

    O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DA GUARDA (CIM) é un servizo público e gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades e demandas concretas que se lles presentan ás mulleres.O CIM ten ámbito comarcal polo que atende a todas as mulleres da Comarca do Baixo Miño (Concellos da Guarda, Tomiño,O Rosal, Oia e Tui).
    Atenden o Centro unha traballadora social (directora), unha psicóloga e unha avogada.
    A Traballadora social (directora) do CIM leva a cabo as seguintes funcións:

    • Estudo e valoración das necesidades e problemáticas sociais.
    • Entrevistas individualizadas e posterior derivación a psicóloga ou avogada se é necesario.
    • Intervención socio- familiar e mediación.
    • Información e posterior xestión dos recursos sociais existentes na comunidade. (tramitación das prestacións económicas necesarias).
    • Programación e coordinación de actividades tanto formativas como de ocio destinadas ás mulleres do ámbito de influencia do CIM.
    • Información sobre trámites e procesos de separación matrimonial e divorcio.
    • Información sobre dereitos das parellas de feito.
    • Información e tramitación de Asistencia Xurídica Gratuíta.
    • Información sobre o proceso a seguir cando unha muller é vítima de malos tratos.
    • Cando as vítimas de violencia de xénero requiren de atención urxente, estúdase a posibilidade de xestionarlle un domicilio inmediato tanto para ela como para os seus fillos.
    • Solicitar a atención policial se existe risco para a seguridade e integridade física da muller e informarlle sobre a necesidade de denunciar estes feitos perante o Xulgado de Garda ou a autoridade policial.
    • Acompañamento ás mulleres vítimas de malos tratos ao xulgado para asistencia nos xuízos.
    • Fomento do asociacionismo e participación das mulleres.

    A psicóloga ofrece asesoramento psicolóxico a nivel individual e familiar.
    A avogada ofrece asesoramento xurídico en dereito de familia e dereito penal.

     

    Programa de prevención e tratamento integral da Violencia de Xénero

    Programa socio-terapéutico iniciado no ano 2008, que parte dunha perspectiva de atención integral á muller e a súa unidade familiar( especialmente fillas e fillos) que son ou foron vítima directa ou indirectamente de situacións familiares conflitivas ou de violencia de xénero. Para complementar este programa se está traballando desde o ano 2018 cun grupo de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, que se centra na capacidade de Resiliencia e manexo das situacións encamiñadas a conseguir o apoderamento, mellorar a autoestima, en definitiva a acompañar ás mulleres a mellorar a súa situación persoal

     

    Resaltar que a continuidade no tempo do programa socio-terapéutico tanto coas mulleres VVX ou que están inmersas nunha situación de especial vulnerabilidade e cos seus fillos/as posibilita que se poidan conseguir os obxectivos marcados inicialmente, porque traballar con menores en situación de vulnerabilidade require dunha estabilidade no tempo.

    Os obxectivos básicos marcados neste programa son:

    1. Recuperar a identidade, autonomía e restauración de proxectos vitais

    2. Promover a igualdade de trato e de oportunidades tendo sempre presente a perspectiva de xénero

    3. Potenciar o autocoñecemento e mellorar a autoestima

    4. Desenvolver habilidades sociais

    5. Mellorar a confianza e seguridade en si mesmos/as como base para fomentar a participación en tódolos ámbitos

    6. Orientar ás nais na atención das necesidades afectivas e educativos dos seus fillos e fillas, tendo en conta as idades e as experiencias vividas.

    7. ofrecer un espazo onde as crianzas poidan contar con liberdade ás súas preocupacións e os seus pensamentos e sentimentos a partir das vivencias de conflito familiar que viviron ou están a vivir.

    8. dar pautas de educación emocional, coas nais de cara a manexar mellor tanto as súas emocións como as das súas fillas e fillos.

     

    Obradoiro para vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de vulnerabilidade: Resiliencia e manexo de emocións, superando o trauma.

    Aspectos nos que se traballa para conseguir o obxectivo principal que é que as participantes creen entre elas unha rede de apoio pola que se considera primordial continuar a traballar nesta liña:

    • Realización de prácticas de mindfulness e relaxación como técnicas para o manexo das emocións.

    • Posta en común no grupo das dificultades no manexo de emocións.

    • Práctica do perdón desde a perspectiva de Terapia Baseada na Compaixón para o manexo das emocións.

     Nas dúas accións trabállase de forma transversal a prevención da violencia de xénero así como a detección e identificación dos estereotipos de xénro, tendo sempre en conta a perspectiva de xénero

    Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de previr a violencia de xénero e de mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade

    SUPENDIDO: O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda

    SUPENDIDO: O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) preparan unha programación especial para este 8-M, Día Internacional da Muller. O sábado 7 de marzo, a Praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno …

    Ler máis

    A Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller’

    O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) preparan unha programación especial para esta semana do 8-M, Día Internacional da Muller. Para o domingo 8-M, o Centro Cultural da Guarda acollerá a obra de teatro “Á …

    Ler máis

    O Concello da Guarda prepara unha programación especial para o 8M

    O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) preparan unha programación especial para este 8-M, Día Internacional da Muller. O sábado 7 de marzo, a Praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno ás …

    Ler máis

    O obradoiro de autocoidados para mulleres ‘Quérome, cóidome’ chega á súa 5ª edición

    “Quérome, cóidome”, o obradoiro de autocoidado para mulleres chega á súa 5ª edición neste 2026. O obradoiro céntrase na aprendizaxe de quererse e coidarse para aumentar a autoestima, ademais de compartir experiencias entre mulleres. Esta actividade diríxese a mulleres maiores …

    Ler máis

    Abertas as inscricións da V edición do obradoiro ‘Con voz propia’

    O obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia” volve este ano 2026 coa súa quinta edición. Este obradoiro estará impartido por Cristal Méndez os mércores á mañá e de 1a:00 a 13:30 horas. O comezo do curso será o …

    Ler máis

    Convocatoria de minuto de silencio en repulsa do asasinato machista

    O Concello da Guarda convoca para hoxe luns 2 de febreiro ás 12:00h na Praza do Reló un minuto de silencio en repulsa ao asasinato machista acontecido en Mos. Deste xeito, tamén queremos enviar todo o noso apoio á familia …

    Ler máis

    A Guarda ofrece uns faladoiros sobre a muller e a súa saúde

    A Guarda ofrece para o próximo xoves 11 de decembro dous faladoiros sobre a saúde da muller. A Casa dos Alonso acolle estes faladoiros impartidos pola enfermeira-matrona Diana Ayude. De 11:30 a 13:30h a charla dará a coñecer que é …

    Ler máis

    A Guarda di non á violencia machista cun manifesto entre os diferentes institutos

    A Guarda di non á violencia de xénero. Esta mañá, concentrouse na praza do Reló para unirse contra as diferentes violencias que se exercen contra as mulleres. Durante a concentración, a concelleira de Igualdade, Susana Álvarez, recordou que “só podemos …

    Ler máis

    A Guarda trae o documental “Prefiro condenarme” con motivo do 25N

    Este ano con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25N, A Guarda prepara accións en diferentes ámbitos. Para este venres 14,ás 20:30h, proxectarase no Centro Cultural o documental “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo. Trátase dun …

    Ler máis

    O Concello organiza un obradoiro para conectar co corpo e co movemento

    O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM), continúa a promover actividades para achegarse ao autocoñecemento e ao benestar integral das mulleres. Desta volta, organízase un obradoiro de “Corpo en movemento, o danzar”. O obradoiro …

    Ler máis

    A Guarda Diversa trae actividades para que todas as idades celebren a diversidade LGTBIQA

    O día 28 de xuño do 2025, con motivo do Orgullo LGBTIQA+, celebrarase no Concello da Guarda un convivio aberto a toda a cidadanía a partires das 19:30h da tarde nos xardíns do Centro Cultural. Este convivio constituirá un espazo …

    Ler máis

    A Guarda presenta un verán cheo de plans

    Este sábado comeza oficialmente o verán e, con el, toda a programación para a época estival ponse en marcha. O Concello da Guarda presenta este ano unha axenda de verán chea de plans para desfrutar con amizades, en familia, de …

    Ler máis

    Unha obra de teatro trae á Guarda unha historia de mulleres e emigración galega

    O Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda trae a obra de teatro “Boa sorte, mala fama” ao Centro Cultural da Guarda. Trátase dunha obra de teatro documental da compañía Tarabela Creativa feita a base de testemuñas de emigración …

    Ler máis

    O comité de seguimento do Plan Vioxén reúnese na Guarda na busca de novas accións

    Este mediodía o Concello da Guarda acolleu a mesa para o seguimento do protocolo en casos de violencia de xénero. Á reunión acudiron por parte do Concello da Guarda, o alcalde, Roberto Carrero, e a concelleira de Igualdade, Susana Álvarez. …

    Ler máis

    Os obradoiros “Mergullo para principiantes” leva a educación sexual á adolescencia guardesa

    O Centro de Información da Muller da Guarda pecha as actividades do ciclo “Semente de igualdade” cos obradoiros Mergullo para principiantes. Trátanse de obradoiros de Educación Sexual Integral para o alumnado de 1º da ESO de todos os centros escolares …

    Ler máis

    O Programa para a Detección do Cancro de Mama dispón dun autobús para as usuarias

    – A campaña de Detección Precoz diríxese a mulleres entre 5 e 74 anos – Como novidade as mulleres reciben aviso por SMS e poderán modificar a súa cita na app  A partir de mañá dará comezo a campaña do …

    Ler máis

    A Guarda homenaxeou a vida das mulleres anónimas cun libro

    O pasado xoves 24 de abril viviuse un acto especialmente emocionante no Centro Cultural da Guarda, pois as mulleres participantes dos obradoiros “Quérome, cóidome” e a súa coordinadora, Angelina Gándara, presentaron o libro “Mulleres. Historias de vida e igualdade”. O …

    Ler máis

    A Guarda presenta un libro en homenaxe á historia de mulleres anónimas da vila

    No ano 2022 deu comezo o primeiro obradoiro “Quérome, cóidome” promovido polo CIM do Concello da Guarda. Naceu co obxectivo de aumentar a súa autoestima, apoderar e tecer redes de apoio entre as mulleres maiores de 55 anos das parroquias …

    Ler máis

    Oportunidade na Guarda para falar coas novas escritoras da provincia

    O ciclo “Mulleres de palabra(s)” da Deputación de Pontevedra trae á Guarda as lecturas “As novas voces literarias da provincia”. Esta actividade busca poñer o foco nas escritoras e nas palabras a través das que contan o mundo con perspectiva …

    Ler máis

    A Guarda gardará un minuto de silencio polo asasinato machista de O Bolo

    O Concello da Guarda convoca para mañá mércores 9 de abril un minuto de silencio ás 11:30 horas na Praza do Reló en memoria de Josefa Fariñas, a primeira asasinada en Galicia por violencia machista neste 2025. Deste xeito, tamén …

    Ler máis

    A Guarda informa ás peixeiras sobre as axudas FEMPA

    Ao final da mañá de onte, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, acompañou á xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda, Elena, á Praza de Abastos da Guarda. Alí as peixeiras da Guarda recibiron información sobre as axudas …

    Ler máis

    O Concello da Guarda conmemora o 8M poñendo o foco na repartición dos coidados

    O 8 de marzo conmemórase o día Internacional da Muller, que nos lembra a continua loita das mulleres por unha igualdade real na sociedade. No día de onte, proclamáronse diferentes manifestos no Concello da Guarda. O acto abriuno a concelleira …

    Ler máis

    María Vázquez e ‘Matria’ propoñen un xoves de cine con perspectiva de xénero

    O Centro Cultural da Guarda proxecta este xoves 13 a película “Matria” de Álvaro Gago, gañadora de 5 premios Mestre Mateo 2024. O filme “Matria” conta a vida de Ramona, de corenta anos, que vive nun contexto laboral e persoa …

    Ler máis

    O obradoiro de autocoidados para mulleres ‘Quérome, cóidome’ volve coa súa 4ª edición

    “Quérome, cóidome”, o obradoiro de autocoidado para mulleres, volve na súa 4ª edición neste 2025. O obradoiro céntrase na aprendizaxe de quererse e coidarse para aumentar a autoestima, ademais de compartir experiencias entre mulleres. Esta actividade diríxese a mulleres maiores …

    Ler máis

    A Guarda prepara diferentes accións para o Día Internacional da Muller

    A Guarda estende máis alá do 8M a programación polo Día Internacional da Muller a través de diversas accións dirixidas a diferentes públicos. O venres 7 de marzo conmemorarase o Día Internacional da Muller cunha concentración na Praza do Reló …

    Ler máis

    O CIM da Guarda recoñecido polo seu traballo de prevención de violencia e fomento de igualdade

    O CIM da Guarda (Centro de Información á Muller) é un referente na atención ás vítimas e no desenvolvemento de programas de prevención da violencia de xénero e do fomento da igualdade. Por iso, este centro recibiu o recoñecemento de …

    Ler máis

    Abertas as inscricións da 4ª edición do obradoiro ‘Con voz propia’

    O obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia” volve este ano 2025 coa súa cuarta edición. Este obradoiro estará impartido por Cristal Méndez os xoves á tarde de 18:00 a 20:30 horas. O comezo do curso será o próximo …

    Ler máis

    Concentración en repulsa do feminicidio de Viveiro

    O Concello da Guarda súmase á condena do feminicidio acontecido esta semana en Viveiro. Celebrarase unha concentración este sábado 21 de decembro ás 12:00 horas na Praza do Reló para mostrar o noso apoio á familiares e amigos da vítima, …

    Ler máis

    O espectáculo ‘Golpes’ pecha a programación do 25N da Guarda

    Este venres 13 de decembro chega á súa fin a programación especial do 25N na Guarda co espectáculo “Golpes”. A obra dará comezo no Centro Cultural ás 20:30 horas da tarde. A actriz galega Estíbaliz Veiga pon en escena un …

    Ler máis

    25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

    Hoxe é 25 de novembro o día Intenacional da Eliminación da Violencia contra a Muller,  para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. …

    Ler máis

    Servizos Sociais

    • Programas básicos
    • CIM (Centro de inform. á muller)
    • Educadora familiar
    • Programa de mediación intercultural

    Servizos municipais

    • Aula Cemit
    • Servizos sociais
    • Cultura
    • Escola Infantil
    • Urbanismo
    • Deporte
    • Patrimonio
    • Vías e Obras
    • Educación
    • Policía Local
    • Xuventude (OMIX)
    • Mercado municipal
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web