- Praza do Reló 1 (ao lado do Xulgado de Paz) , A Guarda, CP 36780
- Teléfono: 986 614 648
- Email: muller@aguarda.es
- Fax: 986 610 283
- Horarios:
- Traballadora social: de Luns a Venres de 8:00 a 15:00 hrs.
- Psicóloga: Martes de 16:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
Mércores e Xoves de 9:15 a 13:45 hrs. (con cita previa) - Asesora Xurídica: Luns de 17:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
Martes e Mércores de 16:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
Xoves de 14:00 a 17:00 hrs. (con cita previa) - Psicólogo infantil: Luns de 16:00 a 20:00 hrs. (con cita previa)
O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DA GUARDA (CIM) é un servizo público e gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades e demandas concretas que se lles presentan ás mulleres.O CIM ten ámbito comarcal polo que atende a todas as mulleres da Comarca do Baixo Miño (Concellos da Guarda, Tomiño,O Rosal, Oia e Tui).
Atenden o Centro unha traballadora social (directora), unha psicóloga e unha avogada.
A Traballadora social (directora) do CIM leva a cabo as seguintes funcións:
- Estudo e valoración das necesidades e problemáticas sociais.
- Entrevistas individualizadas e posterior derivación a psicóloga ou avogada se é necesario.
- Intervención socio- familiar e mediación.
- Información e posterior xestión dos recursos sociais existentes na comunidade. (tramitación das prestacións económicas necesarias).
- Programación e coordinación de actividades tanto formativas como de ocio destinadas ás mulleres do ámbito de influencia do CIM.
- Información sobre trámites e procesos de separación matrimonial e divorcio.
- Información sobre dereitos das parellas de feito.
- Información e tramitación de Asistencia Xurídica Gratuíta.
- Información sobre o proceso a seguir cando unha muller é vítima de malos tratos.
- Cando as vítimas de violencia de xénero requiren de atención urxente, estúdase a posibilidade de xestionarlle un domicilio inmediato tanto para ela como para os seus fillos.
- Solicitar a atención policial se existe risco para a seguridade e integridade física da muller e informarlle sobre a necesidade de denunciar estes feitos perante o Xulgado de Garda ou a autoridade policial.
- Acompañamento ás mulleres vítimas de malos tratos ao xulgado para asistencia nos xuízos.
- Fomento do asociacionismo e participación das mulleres.
A psicóloga ofrece asesoramento psicolóxico a nivel individual e familiar.
A avogada ofrece asesoramento xurídico en dereito de familia e dereito penal.
Programa de prevención e tratamento integral da Violencia de Xénero
Programa socio-terapéutico iniciado no ano 2008, que parte dunha perspectiva de atención integral á muller e a súa unidade familiar( especialmente fillas e fillos) que son ou foron vítima directa ou indirectamente de situacións familiares conflitivas ou de violencia de xénero. Para complementar este programa se está traballando desde o ano 2018 cun grupo de atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, que se centra na capacidade de Resiliencia e manexo das situacións encamiñadas a conseguir o apoderamento, mellorar a autoestima, en definitiva a acompañar ás mulleres a mellorar a súa situación persoal
Resaltar que a continuidade no tempo do programa socio-terapéutico tanto coas mulleres VVX ou que están inmersas nunha situación de especial vulnerabilidade e cos seus fillos/as posibilita que se poidan conseguir os obxectivos marcados inicialmente, porque traballar con menores en situación de vulnerabilidade require dunha estabilidade no tempo.
Os obxectivos básicos marcados neste programa son:
-
Recuperar a identidade, autonomía e restauración de proxectos vitais
-
Promover a igualdade de trato e de oportunidades tendo sempre presente a perspectiva de xénero
-
Potenciar o autocoñecemento e mellorar a autoestima
-
Desenvolver habilidades sociais
-
Mellorar a confianza e seguridade en si mesmos/as como base para fomentar a participación en tódolos ámbitos
-
Orientar ás nais na atención das necesidades afectivas e educativos dos seus fillos e fillas, tendo en conta as idades e as experiencias vividas.
-
ofrecer un espazo onde as crianzas poidan contar con liberdade ás súas preocupacións e os seus pensamentos e sentimentos a partir das vivencias de conflito familiar que viviron ou están a vivir.
-
dar pautas de educación emocional, coas nais de cara a manexar mellor tanto as súas emocións como as das súas fillas e fillos.
Obradoiro para vítimas de violencia de xénero e mulleres en situación de vulnerabilidade: Resiliencia e manexo de emocións, superando o trauma.
Aspectos nos que se traballa para conseguir o obxectivo principal que é que as participantes creen entre elas unha rede de apoio pola que se considera primordial continuar a traballar nesta liña:
-
Realización de prácticas de mindfulness e relaxación como técnicas para o manexo das emocións.
-
Posta en común no grupo das dificultades no manexo de emocións.
-
Práctica do perdón desde a perspectiva de Terapia Baseada na Compaixón para o manexo das emocións.
Nas dúas accións trabállase de forma transversal a prevención da violencia de xénero así como a detección e identificación dos estereotipos de xénro, tendo sempre en conta a perspectiva de xénero
Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciada pola Unión Europea co obxectivo de previr a violencia de xénero e de mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade
