O Concello da Guarda organiza unha xornada sobre ferramentas útiles para a busca de emprego
O Concello da Guarda organiza este xoves, 22 de outubro, unha xornada formativa centrada nas ferramentas e recursos útiles para facilitar a busca de emprego e mellorar as oportunidades de acceso ao mercado laboral. A sesión desenvolverase na Casa Consistorial, …
A Guarda súmase á IX edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais con dúas proxeccións no Centro Cultural
O Concello da Guarda súmase á IX edición do Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales, unha iniciativa impulsada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que busca dar visibilidade ao papel das mulleres no medio rural a través do …
A Casa do Concello acollerá a exposición de pintura “Unha + Un = 2” de Carmen Prado e Xesús Vázquez
A Casa do Concello da Guarda acollerá do 16 ao 29 de outubro a exposición de pintura “Unha + Un = 2”, unha proposta artística conxunta dos pintores Carmen Prado e Xesús Vázquez que permitirá achegar ao público dúas formas …
Últimos días para inscribirse na andaina por Ourense coa que se pechan as andainas 2026 organizadas polo Concello da Guarda
A ruta polo río Gorgua, no concello ourensá de Padrenda, é a última andaina que terá lugar o sábado 17 de outubro de 2026 e que está organizada pola Concellería de Eventos Deportivos do Concello da Guarda. Esta actividade organizase …
A Guarda celebra este venres a gala dos Premios de Educación 2025-2026
O Concello da Guarda celebrará este venres, 16 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural, a gala anual dos Premios de Educación correspondentes ao curso 2025-2026, coa que se busca poñer en valor o esforzo, a dedicación e o …
A OMIX do Concello da Guarda organiza un obradoiro de scrapbooking o 24 de outubro
O Concello da Guarda, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza o vindeiro 24 de outubro un obradoiro de scrapbooking, unha proposta creativa incluída na programación de outono da OMIX que terá lugar na Casa do Concello, …
A Praza de Avelino Vicente acolle este sábado unha nova feira de oportunidades do comercio local
A praza de Avelino Vicente da Guarda converterase este sábado, 17 de outubro, no epicentro do comercio local cunha nova edición da Feira de Oportunidades do Comercio de A Guarda CCA, unha iniciativa organizada por ACIGU Asociación de Empresarios A …
Xa está aberto o prazo de consulta das listas do censo electoral para as eleccións xerais do 29 de novembro
O Concello da Guarda informa de que, con motivo da convocatoria das eleccións do vindeiro 29 de novembro de 2026, as listas do censo electoral estarán expostas para consulta ata o 19 de outubro co obxectivo de que a veciñanza …
O Concello da Guarda ofrece un ano máis obradorios de teatro infantil
Tralo éxito do curso pasado, abren de novo as inscricións para nenas e nenos da Guarda en obradoiros teatrais, e volverá a contar coa asociación FOCO para facilitalos. A través desta colaboración, a rapazada entre 6 e 12 anos terá …
O Concello da Guarda informa do novo horario de atención ao público do Padrón Municipal
O Concello da Guarda informa da adaptación do horario de atención ao público do Servizo do Padrón Municipal, unha medida orientada a mellorar a eficacia do servizo e reforzar a calidade da atención que se presta á cidadanía. A partir …
A Guarda celebra esta fin de semana a Festa Cultural Gastronómica no parque do Monte Torroso
A Comunidade de Montes de Salcidos prepara para esta fin de semana unha nova edición da Festa Cultural Gastronómica do Parque do Monte Torroso, que se celebrará o sábado 3 e o domingo 4 de outubro. A proposta reúne nun …
O Concello da Guarda reclama á Xunta de Galicia un transporte público adaptado ás necesidades reais da veciñanza
O Concello da Guarda presentou ante a Xunta de Galicia as alegacións ao proxecto de transporte público entre A Guarda e Vigo, co obxectivo de que o deseño definitivo do servizo responda ás necesidades reais da veciñanza e teña en …
O Concello da Guarda informa do levantamento da prohibición temporal do baño na praia de O Carreiro
O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño na praia de O Carreiro, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade. Os resultados dos controis microbiolóxicos das augas de zonas de baño de …
A Guarda presenta FILATEM 2026, a Exposición Nacional de Filatelia Temática
A Guarda presentou onte FILATEM 2026, a Exposición Nacional de Filatelia Temática, unha importante cita para o mundo do coleccionismo que converterá o municipio nun punto de encontro da filatelia nacional do 8 ao 12 de outubro. No acto de …
O VIDOC volve á Guarda en outubro para a renovación do DNI e pasaporte
O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de outubro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI). Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir deste xoves, 1 …
O Concello da Guarda prohibe temporalmente o baño na praia de O Carreiro por contaminación microbiolóxica
O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia de O Carreiro tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica …
O Concello da Guarda reforza o chamamento a un uso responsable da auga tras a activación da prealerta por escaseza
O Concello da Guarda fai un novo chamamento á responsabilidade da veciñanza para realizar un uso responsable e eficiente da auga da traída, tras a activación por parte de Augas de Galicia do escenario de prealerta ou escaseza moderada na …
A Escola Infantil Municipal da Guarda abrirá o proceso extraordinario de solicitude o 1 de outubro
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura dun proceso extraordinario de admisión na Escola Infantil Municipal, que permitirá cubrir un total de 15 prazas vacantes en diferentes aulas e modalidades de xornada. O proceso abrirase …
O alcalde, Roberto Carrero, visitou Lua Sacra Studio, o novo estudo de tatuaxes e piercings na Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou, dentro da campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia no municipio, Lua Sacra Studio, un novo espazo dedicado á tatuaxe, piercing, xoiería e diferentes servizos relacionados coa …
O Concello da Guarda conmemora o día mundial das aves cun roteiro ornitolóxico polo Esteiro do Miño
O Concello da Guarda conmemorará o Día Mundial das Aves cun roteiro ornitolóxico polo Esteiro do Miño, protexido como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e espazo da Red Natura 2000. A actividade celebrarase o domingo 4 de …
A Guarda proxecta mañá o filme “Antes de nós” incluído no ciclo “Os precursores a escena”
O Concello da Guarda continúa coas actividades do proxecto de dinamización lingüística “A Guarda dálle á lingua: Os precursores a escena” cunha sesión de cine e coloquio que terá lugar mañá, venres 25 de setembro, ás 20:30 horas no Centro …
A OMIX da Guarda organiza as actividades do TARDEO con diversas asociacións guardesas
A OMIX do Concello da Guarda coordínase de novo con asociacións da vila para organizar obradoiros de “Tardeo” e dinamizar así o ocio con diferentes actividades de balde para xente nova. O mapa de actividades son tan diferentes como as …
A Guarda inaugura a programación de outono cun ciclo adicado ás grandes figuras da literatura galega
Neste 2026 o Concello da Guarda, a través do seu Departamento de Cultura, pon en marcha o proxecto de dinamización lingüística “A Guarda dálle á lingua: Os precursores a escena”, que busca rescatar dun xeito lúdico e ameno o legado …
O Concello da Guarda ultima as obras da nova Biblioteca Municipal coa reparación e posta a punto da cuberta
O Concello da Guarda ultima os traballos de posta a punto da antiga Casa do Concello, edificio que albergará a nova biblioteca municipal e sala de estudos, cunha nova actuación centrada na reparación e mantemento da cuberta do inmoble. O …
A Aula CeMIT da Guarda abre as inscricións para os cursos gratuítos de informática
A Aula CeMIT do Concello da Guarda xa ten abertas as inscricións para os novos cursos gratuítos de informática que se desenvolverán entre os meses de outubro e decembro. A programación inclúe propostas adaptadas tanto para persoas adultas como para …
A OMIX da Guarda presenta a súa nova axenda Outono-Inverno 2026 cunha ampla programación para a mocidade
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello da Guarda presentou hoxe a súa nova Axenda Outono/Inverno 2026, unha programación que busca ofrecer alternativas de lecer, formación e participación para diferentes idades e intereses. En outubro arranca a programación …
A Guarda volve á gran pantalla coa proxección de “Rondallas”
O Concello da Guarda organiza o vindeiro martes 22 de setembro, ás 21:00 horas, na Praza do Reló, unha proxección especial de Rondallas, a longametraxe dirixida por Daniel Sánchez Arévalo e rodada en boa parte no municipio da Guarda. A …
A Guarda abre o prazo para solicitar as subvencións municipais por concorrencia competitiva para actividades sociais, culturais e deportivas
O Concello da Guarda abre mañá, 17 de setembro, o prazo para presentar as solicitudes das subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas ao desenvolvemento de actividades sociais, culturais e deportivas no municipio. As entidades e persoas interesadas poderán presentar as …
O Concello da Guarda aproba o seu Orzamento 2026 cunha inversión récord en infraestruturas e reforzando o gasto social
O Concello da Guarda aprobou hoxe, en sesión plenaria, o Orzamento Municipal para o exercicio 2026, unhas contas que teñen como principais prioridades a mellora das infraestruturas, o reforzo dos servizos públicos e o incremento do gasto social. O Orzamento …
O alcalde, Roberto Carrero, visitou Diagnostika Garage, o novo taller especializado en diagnose dixital e mecánica na Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou dentro da campaña de promoción dos novos establecementos e daqueles negocios que estrean nova xerencia: Diagnostika Garage, un novo taller mecánico que acaba de iniciar a súa actividade no municipio. O establecemento abre …
A ópera rock “O Camiño do Amor” xa ten nova data: o espectáculo chegará á Guarda o 13 de setembro
O Camiño do Amor xa ten nova data para a súa chegada á Guarda. O espectáculo, inicialmente previsto para o pasado 23 de agosto e que tivo que ser adiado por mor das condicións meteorolóxicas adversas, celebrarase finalmente este domingo, …
O Concello da Guarda fai un chamamento á veciñana para evitar o vertido de toallitas e outros residuos polo inodoro
O Concello da Guarda fai un chamamento á concienciación e á colaboración da veciñanza para realizar un uso responsable do sistema de saneamento e evitar o vertido de toallitas, papel hixiénico húmido e outros residuos polo inodoro, unha práctica que …
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda ampliará e actualizará os seus fondos bibliográficos
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continuará avanzando na mellora e actualización dos seus fondos bibliográficos grazas á concesión de dúas subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, por un importe total de 3.151,54 euros. …
O XVII Torneo de Cachiza regresa este sábado á Guarda como unha das citas máis tradicionais da Festa das Mercedes 2026
A programación da Festa das Mercedes 2026 continúa este sábado, 5 de setembro, no Concello da Guarda cunha das citas deportivas e tradicionais máis agardadas: o XVII Torneo de Cachiza, que se desenvolverá a partir das 16:00 horas na rúa …
O Concello da Guarda e a Asociación Piueiro habilitan novas datas para as saídas de navegación no Volanteiro Piueiro
O Concello da Guarda e a Asociación Piueiro habilitaron novas datas para as saídas gratuítas de navegación a bordo do Volanteiro Piueiro, despois de que varias das xornadas inicialmente previstas tiveran que ser adiadas debido ás condicións meteorolóxicas adversas. As …
O Concello da Guarda informa do levantamento da prohibición temporal do baño na praia de O Muíño
O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño na praia de O Muíño, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade. Os resultados dos controis microbiolóxicos das augas de zonas de baño de …
A Guarda presenta o ciclo de conferencias e exposicións “Franco e o desarrollismo. Aspectos de política educativa”
O mes de setembro arranca en A Guarda cunha proposta arredor da educación, a cultura e a historia contemporánea: o ciclo de conferencias e exposicións “Franco e o desarrollismo. Aspectos de política educativa”. O programa, organizado polo grupo de investigación …
O concerto “Porque non hei de cantar” do grupo Laroá chega este xoves á Guarda
A Guarda acollerá este xoves 3 de setembro o concerto “Porque non hei de cantar”, de Laroá, unha proposta musical que rende homenaxe ás mulleres que, ao longo das xeracións, contribuíron a construír a identidade, a comunidade e o futuro …
O Concello da Guarda prohibe temporalmente o baño na praia de O Muíño por contaminación microbiolóxica
O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia de O Muíño tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica …
A Policía Local da Guarda informa das restricións de circulación con motivo da IX Baixada das Carrilanas
A Policía Local da Guarda informa de que, con motivo da celebración da IX Baixada das Carrilanas, incluída na programación da Festa das Mercedes 2026, estableceranse restricións de circulación e cortes de tráfico para garantir a seguridade das persoas asistentes …
A Guarda celebra este sábado “O Son dos Castros”, un evento que reunirá a diversos DJs e moita música no Estadio do Tecla
A Guarda prepárase para vivir este sábado, 29 de agosto, unha gran noite de música coa celebración de O Son dos Castros, un evento con DJs que terá lugar no Estadio do Tecla a partir das 22:30 horas, con entrada …
A Guarda prepárase para a Carreira Pedestre da Virxe da Guía
As Festas da Virxe da Guía organizan un ano máis, en colaboración co Concello da Guarda, a Carreira Pedestre, que terá lugar este domingo, 30 de agosto, ás 18:00 horas, na contorna da Praza da Guía. A proba está aberta …
O VIDOC volve á Guarda en setembro para a renovacióndo DNI e Pasaporte
O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de setembro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI). Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do vindeiro mércores, …
María Jesús Alonso presenta o libro “Raíces de niebla” este venres na Casa do Concello
Este venres, 28 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial a presentación do libro Raíces de Niebla, da escritora guardesa María Jesús Alonso. Raíces de Niebla é un íntimo percorrido pola memoria, a …
Os deseños e a creatividade sobre rodas serán protagonistas este sábado na Guarda coa IX Baixada de Carrilanas
A Festa das Mercedes volverá encher de velocidade, creatividade e diversión as rúas da Guarda coa celebración da IX Baixada de Carrilanas, que terá lugar este sábado 29 de agosto a partir das 18:00 horas. A actividade está organizada pola …
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará A Guarda os días 28 e 29 de agosto
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) volverá visitar A Guarda esta semana para facilitar á veciñanza a doazón de sangue, un xesto solidario e imprescindible para garantir a atención sanitaria e contribuír a salvar …
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou “Brilé Kids” a nova tenda de moda infantil
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou a nova tenda de moda infantil Brilé Kids, situada na rúa Pacífico Rodríguez, 11 Baixo 3, dentro da campaña de apoio aos novos establecementos e aqueles que estrean nova xerencia no municipio. Na …
O concerto “O Camiño do Amor” deste domingo queda adiado polas condicións meteorolóxicas adversas previstas
O Concello da Guarda informa do adiamento da actuación da ópera rock “O Camiño do Amor”, prevista para este domingo, 23 de agosto, ás 21:00 horas na Alameda da Guarda, debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para esa xornada. A …
O Concello da Guarda abre a inscrición para as prazas dispoñibles das andainas
Durante a primavera tiveron lugar as dúas primeiras andainas organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos do Concello da Guarda, unha actividade que combina a práctica deportiva co descubrimento doutros lugares de Galicia, achegando ás persoas participantes a paisaxes singulares e …
“O camiño do amor”, a ópera rock que combina música, teatro e cine chega este domingo á Guarda
A Guarda prepárase para vivir este domingo, 23 de agosto, ás 21:00 horas na Alameda, unha proposta musical diferente coa chegada de O Camiño do Amor – Ópera Rock, un espectáculo que combina música, teatro e cine arredor dunha historia …
A Guarda acolle este sábado a Feira de Oportunidades do comercio local da Guarda CCA
A praza de Avelino Vicente da Guarda converterase este sábado, 22 de agosto, no epicentro do comercio local coa Feira de Oportunidades do Comercio de A Guarda CCA, unha iniciativa organizada por ACIGU Asociación de Empresarios A Guarda Centro Comercial …
A Guarda acolle este venres o concerto “Xuntos pola música”, unha homenaxe ao legado musical de Juan Pardo
A Guarda será escenario este venres, 21 de agosto, ás 22:30 horas, do espectáculo musical “Xuntos pola Música”, que se celebrará na Alameda. A proposta ofrece unha homenaxe á figura de Juan Pardo, un dos grandes referentes da música e …
O Concello da Guarda organiza este mércores unha nova charla informativa sobre a compostaxe
O Concello da Guarda continúa coa súa aposta pola compostaxe cunha nova charla informativa no Salón de Plenos da Casa Consistorial este mércores, 19 de agosto, ás 20:00 horas. A charla axudará aos veciños e veciñas que solicitaron un composteiro …
Os Coribantes de Buchabade recalan mañá na Guarda coa súa Xira Lembranzas
A programación cultural do Concello da Guarda continúa mañá, 15 de agosto, cunha proposta que pon no centro a música, o baile e a tradición galega. O Auditorio de San Benito acollerá, a partir das 20:00 horas, a actuación de …
O Concello da Guarda insiste no uso responsable da auga tras a declaración do nivel de prealerta por escaseza na conca do Miño-Sil
O Concello da Guarda vén de recibir unha nova comunicación por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., na que se informa da declaración do escenario de prealerta (nivel amarelo) por escaseza conxuntural en varias zonas da demarcación hidrográfica, entre …
O Concello da Guarda informa do levantamento da prohibición temporal do baño nas praias da Armona e O Muíño
O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño nas praias da Armona e O Muíño, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade. Segundo os resultados dos últimos controis microbiolóxicos realizados nas augas …
O Concello da Guarda repartirá mañá as gafas gratuítas para observar con seguridade a eclipse solar do 12 de agosto
O Concello da Guarda repartirá dende mañá mércores, 5 de agosto, as gafas gratuítas homologadas para a observación segura da eclipse solar do vindeiro 12 de agosto. As persoas interesadas poderán recollelas a partir das 10:00 horas na conserxería do …
O alcalde, Roberto Carrero, visitou a nova lavandería autoservicio “Aquaflash” na campaña de apoio aos novos establecementos e novas xerencias da Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou esta semana a nova lavandería autoservizo Aquaflash, situada na rúa Manuel Álvarez, 16, dentro da campaña de apoio aos novos establecementos e aqueles que estrean nova xerencia no municipio. Na visita coñeceu de …
José Manuel de la Guerra expón a súa obra no Centro Cultural con motivo das Festas do Monte
O Centro Cultural da Guarda acollerá do 3 ao 16 de agosto a exposición de pintura e ilustración “Man Guerra”, unha mostra artística de José Manuel de la Guerra que forma parte da programación das Festas do Monte e está …
A Policía Local da Guarda informa do Plan Especial de Tráfico con motivo das Festas do Monte 2026
A Policía Local da Guarda porá en marcha un Plan Especial de Tráfico con motivo da celebración das Festas do Monte 2026, que se desenvolverán entre os días 3 e 10 de agosto. O dispositivo ten como obxectivo garantir a …
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou a cafetería “La Plaza” na campaña de apoio aos novos establecementos e novas xerencias da Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou a cafetería La Plaza, situada na Praza do Reló, 7, que recentemente iniciou unha nova etapa coa incorporación de Ismaele Castaldi como xerente do establecemento. Con esta visita, o rexedor guardés continúa coa …
“Os vellos non deben namorarse”, a macroprodución máis fiel a Castelao chega á Guarda o 7 de agosto
O Centro Cultural de A Guarda acollerá o vindeiro venres 7 de agosto, ás 20:30 horas, a representación “Os vellos non deben de namorarse”, unha das pezas máis emblemáticas do teatro galego, escrita por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en 1936. …
A Guarda conta xa cun punto de autorreparación de bicicletas na Alameda para impulsar o cicloturismo sostible
O Concello da Guarda conta cun novo punto de autorreparación de bicicletas, situado na Alameda, unha infraestrutura que forma parte do proxecto “Creación de rutas cicloturistas en contornos enogastronómicos”, promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste no marco do Plan …
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visita A Guarda mañá, 29 de xullo
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) volverá visitar A Guarda mañá, mercores 29 de xullo, para facilitar á veciñanza a doazón de sangue, un xesto solidario que resulta imprescindible para garantir a atención sanitaria …
O Auditorio de San Benito acolle este xoves o Showcase do Summer Intensive 2026 de Dansá Performing Arts e RDS Company
O Auditorio de San Benito acollerá este xoves, 30 de xullo, ás 19:00 horas, o Showcase do Summer Intensive 2026, un espectáculo organizado por Dansá Performing Arts e RDS Company que porá o broche final a unha semana de formación …
A Guarda presenta a programación das Festas do Monte 2026
A Guarda xa está preparada para vivir unha das citas máis agardadas do ano. Do 1 ao 10 de agosto, a vila celebrará unha nova edición das Festas do Monte, declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia, cunha programación que …
A Guarda ultima os preparativos para a celebración dunha nova edición do Galifornia Beat
A Guarda acolle esta fin de semana unha nova edición do Galifornia Beat, que converterá a contorna do Skate Park, no gran punto de encontro da cultura urbana en Galicia. O festival celebrarase os días 31 de xullo e 1 …
A Policía Local da Guarda informa de restricións de circulación con motivo das Festas de San Cayetano
A Policía Local da Guarda informa de que, con motivo da celebración das Festas de San Cayetano, estableceranse restricións de circulación e cortes puntuais de tráfico para garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento dos actos programados. …
O Concello da Guarda solicitou á Deputación de Pontevedra financiamento para a mellora da accesibilidade entre as rúas Baixo Muro e Ireira, a nova zona deportiva da Sangriña e Escola de San Lorenzo
O Concello da Guarda vén de presentar tres solicitudes de subvención ao abeiro da Liña 1 – Investimentos do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, cun importe total de 481.509,53 euros, destinadas a impulsar actuacións estratéxicas para o desenvolvemento …
A Guarda estrea a I Milla Urbana das Festas do Monte, unha nova cita deportiva integrada na programación festiva
O vindeiro luns 3 de agosto, ás 17:00 horas, A Guarda acollerá a celebración da I Milla Urbana das Festas do Monte, unha nova proba atlética que nace coa vocación de converterse nun referente deportivo dentro das tradicionais Festas do …
A Guarda acolle o vindeiro mércores, 29 de xullo, un concerto audiovisual en homenaxe ao fotógrafo José Suárez
O Concello da Guarda continúa coa programación especial dedicada á figura de José Suárez, o fotógrafo galego de maior proxección internacional, coa celebración dun concerto audiovisual o vindeiro mércores 29 de xullo, ás 21:00 horas, no Centro Cultural da Guarda. …
A Guarda acolle o peche do XXXI Encontro dos Pobos
O Auditorio de San Benito da Guarda converterase este luns, 27 de xullo, a partir das 20:30 horas, no escenario da última xornada da XXXI edición do Festival Internacional Encontro dos Pobos, unha cita organizada polo grupo folclórico Do Lusco …
A Policía Local da Guarda informa de cortes puntuais de tráfico con motivo do II Gran Premio Ciclista Orpagu
A Policía Local da Guarda informa de que, con motivo da celebración do II Gran Premio Ciclista ORPAGU, mañá, sábado 25 de xullo, estableceranse cortes puntuais de tráfico e itinerarios alternativos para garantir a seguridade das persoas participantes e o …
O Concello da Guarda insiste na necesidade de facer un uso responsable da auga da traída ante o elevado consumo e a situación de seca
O Concello da Guarda fai un novo chamamento á responsabilidade cidadá para reducir o consumo de auga da rede municipal, ante a persistencia duns rexistros de consumo moi elevados nas últimas semanas e a previsión dunha situación de seca que …
O VIDOC volve á Guarda en agosto para a renovación ou expedición do DNI e pasaporte
O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de agosto para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI). Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do vindeiro mércores, …
A XXI Festa do Peixe Espada convertirá A Guarda na capital gastronómica deste produto durante esta fin de semana
A Guarda acolle esta fin de semana, os días 24, 25 e 26 de xullo, a XXI Festa do Peixe Espada, un evento organizado pola Organización De Palangreros Guardeses (ORPAGU) en colaboración co Concello da Guarda e a Asociación Piueiro, …
O II Gran Premio Ciclista ORPAGU reunirá este sábado na Guarda a preto de 200 corredores
A Guarda volverá converterse este sábado, 25 de xullo, nun referente do ciclismo galego coa celebración do II Gran Premio Ciclista ORPAGU, unha competición que reunirá na contorna da Sangriña a corredores e corredoras de todas as idades, dende as …
O Concello da Guarda recibe aos tres nenos saharauís participantes no programa “Vacacións en Paz”
O Concello da Guarda recibiu hoxe a Karima, Mariam e Lehbib, os tres nenos saharauís que pasarán os meses de verán con familias de acollida guardesas dentro do programa “Vacacións en Paz”, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí …
O delegado territorial da Xunta visita en A Guarda o Obradoiro de emprego Manuel B. Portela XI
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá o Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela XI, acompañado polo alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e polo concelleiro Isidro Lomba, para inaugurar oficialmente a acción formativa …
O Concello da Guarda informa do cambio de data do mercadillo por mor do festivo polo Día de Galicia
O Concello da Guarda informa de que o mercadillo semanal que habitualmente se celebra os sábados na Alameda adiantarase esta semana ao venres 24 de xullo, con motivo do festivo do 25 de xullo, Día de Galicia. Deste xeito, tanto …
O Miúdo Verán continúa o vindeiro mércores con “Tubos do mundo”, un espectáculo musical para toda a familia
O ciclo Miúdo Verán, organizado polo Concello da Guarda, continúa a súa programación o vindeiro mércores 22 de xullo coa terceira das catro propostas que conforman esta edición. A partir das 20:30 horas, a Praza do Reló acollerá “Tubos do …
A Guarda celebra este domingo a Festa dos Avós no Auditorio de San Benito
O Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda celebrará este domingo, 19 de xullo, unha nova edición da Festa dos Avós, unha cita que busca render homenaxe aos avós e avoas, recoñecendo o seu importante papel nas familias e …
O TocaMúsica 2026 despídese o vindeiro 23 de xullo co concerto de Los Kalahari
O Concello da Guarda pecha o vindeiro xoves, 23 de xullo, unha nova edición do ciclo TocaMúsica, unha iniciativa que, ao longo dos últimos meses, levou a música en directo a diferentes espazos do municipio, convertendo rúas e prazas en …
O Concello da Guarda informa do levantamento da prohibición de baño na Armona
O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño na praia da Armona, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade. Os resultados dos controis microbiolóxicos das augas de zonas de baño de Galicia …
A Policía Local da Guarda informa dos cortes puntuais de tráfico con motivo da procesión da Virxe do Carme
A Policía Local da Guarda informa de que, con motivo da celebración da procesión da Virxe do Carme, o vindeiro xoves 16 de xullo, realizaranse cortes puntuais de tráfico nas rúas afectadas polo percorrido da comitiva relixiosa. A procesión dará …
A Guarda celebra os días 15 e 16 de xullo a festa da Virxe do Carme
A Guarda volverá render homenaxe á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, os vindeiros 15 e 16 de xullo, cun programa que combinará actos relixiosos, tradición mariñeira e actividades musicais organizadas pola Comisión de Festas da Virxe do Carmen da …
O Concello da Guarda lembra a importancia de depositar correctamente o cartón nos contedores para garantir a súa recollida
O Concello da Guarda fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza guardesa para realizar unha correcta separación e depósito dos residuos, un pequeno xesto que resulta fundamental para garantir un servizo de recollida eficiente e manter limpos os espazos …
A Guarda será escenario dunha gran noite de folk galego coa actuación de Luar na Lubre e Balteira
O Concello da Guarda acollerá unha das grandes citas musicais deste verán coa chegada de Orballo Cultural, un ciclo que aposta por achegar a cultura galega a diferentes puntos do territorio e que traerá á vila unha noite dedicada ao …
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visita o restaurante La Taba dentro da campaña de apoio ao comercio local
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa visitando os distintos negocios do municipio que abren as súas portas ou inician unha nova xerencia para coñecer de primeira man os proxectos empresariais que contribúen a dinamizar a economía local e fortalecer …
O Concello da Guarda prohibe temporalmente o baño na praia da Armona por contaminación microbiolóxica
O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia da Armona tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica que …
O alumnado do CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo puxo en valor durante o curso escolar o patrimonio indiano da Guarda a través do programa “Escolas de Fronteira”
O CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo participou durante este curso escolar no programa Escolas de Fronteira, unha iniciativa educativa da Consellería de Educación integrada no proxecto Escolas Bilingües e Interculturais de Fronteira da Organización de Estados Iberoamericanos …
Continúan as saídas de navegación co Volanteiro Piueiro un verán máis
No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s.XX. …
O Galifornia Beat regresa os días 31 de xullo e 1 de agosto para converter A Guarda en epicentro da cultura urbana
O Concello da Guarda e a organización do Galifornia Beat presentaron onte unha nova edición, que se celebrará os días 31 de xullo e 1 de agosto no porto da Guarda, na contorna do Skate Park. O evento consolídase un …
O Concello da Guarda incorpora cinco auxiliares de Policía Local para reforzar o servizo durante o verán
O Concello da Guarda incorporou cinco auxiliares de Policía Local que prestarán servizo no municipio durante os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de reforzar a atención á cidadanía e mellorar a cobertura do servizo nunha época de …
O Concello da Guarda agradece á Comunidade de Montes de Salcidos a súa colaboración para aforrar auga potable nas labores de limpeza viaria
O Concello da Guarda quere expresar o seu agradecemento á Comunidade de Montes de Salcidos pola colaboración prestada ao permitir o uso da auga do seu depósito para as labores de baldeo das rúas do municipio. Trátase de auga non …
A Praza do Reló da Guarda acolle mañá o espectáculo teatral para toda a familia “Ñiqui Ñaque”
O Concello da Guarda continúa esta semana coa programación do “Miúdo Verán”, unha iniciativa cultural pensada para que veciñanza guardesa e visitantes poidan gozar de actividades en familia durante os meses de verán. A segunda cita terá lugar o xoves …
A Guarda súmase ao Festival ABANEA cunha xornada dedicada á danza contemporánea
O Concello da Guarda incorpórase este ano ao percorrido de ABANEA: Festival de Danza e de Movemento, unha das citas de referencia da danza contemporánea en Galicia, que celebra a súa quinta edición do 8 ao 12 de xullo levando …
A III edición de A Rosegha ofrecerá na Guarda dous días de modelismo naval, oficios e memoria mariñeira
O Concello da Guarda e a Asociación Piueiro presentaron este martes a terceira edición de “A Rosegha”, unha cita que converterá a explanada do porto nun gran espazo dedicado á cultura mariñeira, ao modelismo naval e aos oficios tradicionais durante …
O alcalde, Roberto Carrero, visitou Serfis Asesores na campaña de apoio aos novos establecementos da Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción local visitando os novos proxectos empresariais e profesionais que escollen A Guarda para desenvolver a súa actividade, contribuíndo así ao dinamismo económico e á creación de novas oportunidades no …
A danza darase cita esta fin de semana en A Guarda coa Gala PreMundial de Dansá Performing Arts e RDS Company
A Guarda converterase este sábado 11 de xullo no escenario da danza coa celebración da “Gala Pre Mundial”, un evento organizado por Dansá Performing Arts e RDS Company, coa colaboración do Concello da Guarda. A cita terá lugar a partir …


































































































